** Un ano sen Mario Benedetti: sentido recordo de A.L.M.
SAN XENXO. Julio Torres
Hai un ano morría dicíanos para sempre adeus fisicamente Mario Benedetti. Un 17 de Maio, un Día das Letras Galegas (no 2010 adicado a Uxío Novoneyra, o poeta do Courel)coma hoxe, triste coincidencia pois é unha data especial e tremendamente importante para tódolos galegos. Benedetti foi un dos escritores máis admirados por moita xente, entre eles un servidor. O mago das palabras, un poeta, un contador de historias con sabias moralexas. En definitiva: un auténtico xenio da pluma e unha gran persoa. Un uruguayo universal. A súa extensa obra perdurará, pero a súa perda foi e seguirá sendo moi sentida. En A Lareira Máxica témoslle adicado moitas frases máxicas e recunchos literarios á súa obra e ó seu legado. Seguirémolo facendo porque a máis dun e dunha nos gusta. Hoxe quixera lembralo co seguinte vídeo. Agardo que vos guste.







