sábado, 13 de marzo de 2010

** F-1: 2010, o mundial máis apaixoante e igualado


Viñeta feita polo debuxante gráfico Aguilera


SAN XENXO. Julio Torres


Mañán comeza o que promete ser un dos mundiais de Fórmula 1 máis apaixoantes dos últimos anos. A receta conterá moitos ingredientes que farán o plato apetitoso: o español Fernando Alonso correrá no mítico equipo Ferrari. Regresa o alemán Michael Shumacher (sete veces campión), logo dunha ausencia de tres anos. Estará no equipo alemán Mercedes (sucesor de Brawn GP). O título postúlanse varios nomes. Amáis dos dous xa citados, os outros dous grandes favoritos son o inglés Lewis Hamilton (McLaren) e o tamén alemán Sebastian Vettel (Red Bull). Catro pilotos pertencentes ás catro mellores escuderías, hoxe por hoxe, e nas que compartirán equipo con outros catro pilotos, tamén moi bos: Massa (en Ferrari), o actual campión do mundo Button (en McLaren), Nico Rosberg (en Mercedes) e Mark Weber (en Red Bull). Aí é nada.

Pero non queda aí a cousa, haberá dous pilotos españois máis: Pedro Martínez De la Rosa (Sauber) e Jaime Alguersuari (Toro Rosso). Outros dous serán piloto reserva: Andy Soucek (Virgin) e probador: Marc Gené (Ferrari). Especial mérito o de De la Rosa, que logo de moitos anos voltará a pilotar merecidamente no "gran circo". Debutara no 99 ós mandos de Arrows (quedando sexto na súa primeira carreira), e logo pilotaría para Jaguar (hoxe Red Bull) e McLaren (onde foi probador e co disputaría algúns grandes premios, e nun deles subiu ó podium tras ser terceiro).

Aínda hai máis: debut do primeiro equipo español en Fórmula 1: o Hispania (ex- Campos Meta), no que non correrá ningún español e no que estará Bruno Senna, sobriño do mítico Ayrton Senna.

E moitas máis novidades e alicientes:
- 12 equipos en lugar de 10. Xunto á escudería debutante Hispania estará outras dúas: Lotus (que regresa logo de moitos anos fóra da Fórmula 1) e Virgin. Así mesmo, Sauber recupera os dereitos de BMW. As escuderías McLaren e Mercedes (ata o ano pasado eran a mesma) pasarán a ter os dous pilotos da mesma nacionalidade que elas: ingleses, no caso de McLaren, e alemana, no caso de Mercedes.
- Nova normativa, que inclúe a imposibilidade de respostar carburante durante as carreiras e nova puntuación, que primará ós vencedores de cada carreira.

Ougallá lles vaia moi ben ós españoles e que Fernando Alonso gañe o Mundial. Vai ser moi difícil. Os meus favoritos están entre o propio Alonso e Vettel, sen descartar a Hamilton. O corazón dime que Alonso, pero non sei porqué teño a sensación de que vai alzarse con triunfo final Vettel. Non lle dou opcións a Shumacher.

O prato-espectáculo está servido e constará de 19 probas. Sorte para Fernandinho Alonso, Pedro Martínez De la Rosa, Jaime Alguersuari e para o Hispania Racing Team. ¡¡¡ Ougallá, Alonso sexa ó remate deste ano tricampión mundial!!!

** A Frase Simpática.....con denominador común


¿Saben por que o pan se queima, o leite se corta e a muller queda embarazada?

Porque non se sacan a tempo



(Vía internet)

venres, 12 de marzo de 2010

** Miguel Delibes: os silencios do amor

Nos bastaba mirarnos y sabernos. Nada importaba los silencios, el tedio de las primeras horas de la tarde. Estábamos juntos, era suficiente. Cuando ella se fue, todavía lo vi más claro: aquellas sobremesas sin palabra, aquellas miradas sin proyecto, sin esperar grandes cosas de la vida, eran sencillamente la felicidad.



Fragmento do libro 'Señora de rojo sobre fondo gris' de Miguel Delibes


OPINIÓN PERSOAL: Gran párrafo para describir o que é a felicidade, pronunciada nunha das súas obras por por Miguel Delibes, un gran escritor que hoxe nos deixou. A felicidade é algo que non se pode describir con palabras, senón que hai que gozala no momento en que se produce. Moitas veces unha simple mirada conleva máis cariño que mil palabras xuntos. Descanse en paz Miguel Delibes. Un home que deixou dito que lle gustaría ser recordado como un home bo.

xoves, 11 de marzo de 2010

** Hoxe non foi un xoves calquera

LA OREJA DE VAN GOGH "Jueves"

Vídeo que xa publicara no seu día neste artigo, pero que hoxe é de obrigada escoita. A canción retrata un 11 marzo, xoves para máis señas, hai 6 anos. O calendario, caprichoso el, volta a coincidir: xoves 11 de marzo. Unha diferencia importante: no xoves de hoxe non temos que lamentar unha sementeira de mortes como aquel día. Desde aquí acompaño no sentimento a tod@s aqueles/as que perderon un ser querido ou sobreviviron a esa horrenda masacre pero nunca conseguirán olvidar o sufrimento que desde aquel día arrastran no seu interior.