martes, 9 de febreiro de 2010

** Cuatro estrea hoxe a tempada final de Pérdidos

SANXENXO. Julio Torres



Hoxe Cuatro estrea a derradeira tempada da serie "Pérdidos ". Como novidade para esta última tempada cabe subliñar a posibilidade de podela seguila en castelán ou ben -e aquí está a novidade- en inglés con subtítulos en español.

@s seguidores estamos de noraboa. Ougallá o final estea acorde coas expectativas levantadas. Non vai ser fácil. Pola miña parte xa estou desexando que empece. ¿Que pasará con Locke, Jack, Kate, Sawyer e o resto de personaxes? ¿Que acontecerá coa illa?. Moitos misterios que quedan por resolver e que se empezarán a desvelar xa.

** A Frase Máxica de...Mario Benedetti


" Cinco minutos chegan para soñar toda unha vida, así de relativo é o tempo "



Mario Benedetti

venres, 5 de febreiro de 2010

** Elegance is an attitude ou noite de tormenta

COMPOSTELA. Alvariño


Colaborador de A Lareira Máxica

Pois iso: elegante is an attitude and love too, other attitude more. Deixo o inglés, very difficult to me, and paso ó galego. Anque pensándoo ben, podería crear unha nova lingua: o galenglish. Non está nada mal iso de ser innovador. Dentro de nada, e se prosperan os plans de Feijóo, os meniños, children, galegos falarán así, of course. Well, de qué vai isto, de attitudes, de elegance ou de love. De todo e de nada. Concretando: eu quería falar, today, das noites de tormenta.

Vaia inverno nos tocou, si de algo andamos sobrados foi de noites de tormenta. A priori, parecen un fenómeno atmosférico totalmente indesexable. Supoño que será así para a maioría da xente. A min tampouco me agradan as tormentas, anque teño que recoñecer que, dun xeito un tanto inexplicable, axudáronme a coñecer unha nova dimensión da soidade. A soidade da noite de tormenta. A soidade ten moitas caras e todas elas moi desagradables. Ata agora, a peor cara que lle vira foi a soidade que se pode chegar a sentir estando rodeado de xente. É dura. Non era xente que eu non coñecera ou que non me falase. Era que tiña tan pouco en común con eles, tan pouco que compartir,…

A soidade da noite de tormenta tamén produce desacougo. É de noite, estás na cama, o vento e a chuvia non dan tregua e ameazan con romper a ventá. Empezas a dar voltas na cama. Levántaste a beber. Botas unha mexada. Volves para a cama. Marcha a luz. Non tes sono. Estache empezando a doer a cabeza. Tes mocos e non atopas o pañol. Un trono estala no ceo, outro máis, e outro. O aire segue bruando. E así, rodeado deste panorama dáste conta de que ó teu lado non hai ninguén que te abrace. Iso é o peor. Xa non das máis voltas na cama, faste consciente da realidade e quédaste quieto. Estás so. A tormenta non acouga e, paradóxicamente, os pensamentos vanse clarificando. Xa non botas en falta un abrazo, non. Hoxe non é unha noite calquera onde case todo da igual. Hoxe é noite de tormenta. Hoxe non estás para caralladas nin frivolidades das túas. Hoxe telo claro, esa ausencia ten nome, un só nome que se repite unha e outra vez na túa cabeza.


...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ] TRANQUILOS: ¡Non se abre nova ventana!



    Coa chegada da luz da maña non queda outra que mergullarse na rutina habitual e as sensacións da noite de tormenta vanse cambiando por preocupacións doutro tipo.

    Hoxe, mentres trato de distraerme cunha revista na sala de espera do dentista, atopo un anuncio dun reloxio que ten como slogan “elegance is an attitude”. O reloxio é un Longines. Pode ser, en parte, soamentes en parte. Unha persoa ordinaria non se pode converter nunha persoa elegante porque vista un traxe de Armani, falta a actitude e falta todo. E viceversa, á persoa máis elegante do mundo seguro que lle queda mellor un traxe de Armani que un chándal do mercadillo. Di Nati Abascal, unha muller elegantísima e moi entendida nestes temas, que a clave da elegancia reside en saber mesturar Chanel, por exemplo, con Zara. Bueno, volvemos ó de sempre, tamén fai falta ter algo de Chanel para facer unha boa mestura. Do que non teño dúbida é da importancia das nosas actitudes. As actitudes son vitais. Somos nós mesmos os que vamos abrindo e pechando camiños coas nosas actitudes. No amor, que non é máis que unha das múltiples facetas da vida, tamén. Escribilo é sinxelo. Levalo á práctica xa é máis complicado. É cousa de dous e xa se sabe, pode haber choque de… actitudes.

** A Frase Máxica de...Julio Cortázar


" Ven a durmir comigo: non faremos o amor, el faranos "



Julio Cortázar