** O primeiro artigo do 2010: libro de ruta.
SANXENXO. Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

Cada ano reseteamos o contador dos 365 e voltamos cada un de xaneiro ó principio: ó día, do mes 1 (xaneiro). E deste ano toca un ano par que é o primeiro dunha nova década: a dos anos 10. Todos oímos falar dos anos 2000 (a primeira década do século XXI) e dos 20, 30,... Pero nunca oín falar dos anos 10. A ver ¿quen se lembra no século XX, dos anos 10? ¿Quen usa ese termo? Pois ninguén. Iso sí, das outras décadas temos oído falar.
Atrás queda un 2009 con bos e malos recordos. Así de pronto e improvisando véñenme á cabeza varios: o histórico éxito do equipo dos meus amores: o F.C. Barcelona que conqueriu os seis títulos que disputou (Liga española, Copa do Rei, Liga de Campións, Supercopa de España, Supercopa de Europa e Mundialito de clubes). Pasarán moitos anos, antes de que outro equipo iguale este récord, que ningún outro equipo de fútbol ten. Bravo Guardiola. Aí queda iso. E en baloncesto acadamos o campionato de europa se seleccións. España sumou un novo título.
Non todo é deporte. Tamén me veñen á mente varias mortes: os cantantes Antonio Vega ou Michael Jackson, os actores Patrick Swayze ou José Luis López Váquez ou o xornalista deportivo Andrés Montes. Por suposto, hai máis figuras coñecidas que finaron. Descansen en paz. E podería seguir nomeando sucesos bos e malos que aconteceron.
En fin, iso foi 2009. Xa é pasado. Hoxe principiamos un novo ano: 2010. Un ano que, como a cotío, virá empapado de proxectos e desexos. Moitos son de sempre. Non fai falta nomealos (ximnasios, deixar de fumar,...). Voume centrar nos de "interés xeral". Algúns deles son que España presidirá a Unión Europea, que en TVE xa non haberá publicidade pagada (so anuncios dos propios programas e, de vez en cando, anuncios de patrocinadores de eventos catalogados de "interés general" e de publicidade electoral), o 3 de abril a televisión analóxica -a de sempre- vivirá a súa defunción. É a crónica dunha morte anunciada que diría Gabriel García Márquez.
A nivel deportivo en xuño disputarase o Mundial de fútbol por seleccións, Fernando Alonso correrá con Ferrari en Fórmula 1 e Michael Shumacher retornará catro despois da man dun novo equipo: Mercedes (que se desvinculou de Mclaren e mercou Brawn GP, que se proclamou campión en 2009). En motociclismo haberá unha nova categoría: moto2 (novo nome da desaparecida categoría de 250 c.c.). En ciclismo Lance Armstrong competirá cun equipo formado por el para tentar desvanvar -ougallá que non- ó español Alberto Contador.
E podería citar máis cousas que van acontecer no 2010, pero non quero aburrir, que para ser o primeiro artigo de 2010 xa está ben. Propoño que deixedes outros acontecementos ou cousas dignas de mencionar e referentes ó ano que agora empeza.
Feliz 2010, que o novo ano sexa mellor que 2009 e gracias por seguir visitando e participando en A Lareira Máxica.
ARTIGO RELACIONADO: Oda ó number one









