** O disfraz vermello de tódolos anos
H ai un pouco lía no encantador blog da amiga Meiguinha
un artigo dela sobre o Nadal. Quédome con dúas palabras: consumismo e hipocresía.
A primeira que falar dela: datas sinaladas que buscan máis o negocio que a celebración en sí. A publicidade dos xoguetes en setembro que en octubro xa é tarde...Vaia, vaia...E por si se nos olvida, acendamos os alumeados navideños en noviembre, non vaia ser...Coido que sería máis que suficiente que se acenderán uns días antes do Nadal. E coa crisis, pois que mellor motivo, aínda que ós comerciantes e empresarios non lles faría nin pizca de gracia. Dáme igual, coido que esta sociedade xa está abondo plagada de consumismo. Así de taxante.
Sobre a hipocresía, pois @s que me coñecedes sabedes que non trago á xente que é falsa e que diante de ti di unha cousa e por detrás outra ben distinta. Iso non é ser boa persoa. O mesmo acontece coas actitudes diante do Nadal. Non se pode tratar de ser bo so no Nadal. Non. ¿E o resto do ano qué?. ¡¡Coherencia, por favor!! Precisamente algo que falta hoxendía.
E claro cando o Nadal consiste en consumir e ser hipócritas pois moi mal vamos. Hai que ser como se é todo o ano (esperemos que para ben). E consumir sen pasarse. A todo isto o Nadal non é iso, senón outra celebración ben distinta e sincera.
¿Cando se moderará esta vena consumista? ¿Que valores lles estamos inculcando ós cativos e non cativos? ¿Cara onde imos?. Hai que mirar máis aló de 2010 dunha vez...
Polo de pronto, trátase de ser felices e tratar de facer felices ás persoas, non un día nin 15, senón os 365 días anuais (un máis se é ano bisiesto). Como acostumo a dicir: non hai cartos que paguen boas accións. Sentirse feliz non depende do que gastes, senón no que dás sen esperar nada a cambio. En tratar de ser boa persoa e sentirse ben por dentro. Así é como hai que facer. Doutra parte, aínda que pode haber diferentes e incluso comprensibles situacións, o bo do Nadal é xuntarse coa familias e bos amigos pero sendo cómo eres. ¡¡¡FÓRA HIPOCRESÍA E CONSUMISMO DESAFORADO!!!
UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica






