mércores, 25 de novembro de 2009

** ¿A sabiduría popular?

Certo, que bastantes veces os ditos, refráns e similares da cultura popular acertan, Sí, cargados de sabiduría estilo "máis sabe o demos por velo que por demo". Claro que é se denota certo galeguismo e moita envidía noutros. Exemplos:

1- Se vos fixades, hai un dito que di:"marzo ventoso y abril lluvioso (ougallá valese para novembro de 2009), hacen a mayo, florido y hermoso". Doutro lado temos o consabido "hasta el 40 de mayo no te quites el sayo". Vamos que ata o 9 de junio non chega o bo tempo...Entonces ¿en que quedamos: ¿mayo será mes de bo tempo ou aínda é cedo?. A resposta, coido que é evidente: depende....Nuns casos botaremos man dun e noutros do outro. O tempo decide e nos rematamos... Así non hai forma de equivocarnos. Senón acerta o primeiro dito, utilicemos o segundo...Así calquera!!!. E destes ditos e refráns contradictorios poderínase mencionar uns cantos. E senón pensade...

2- Vaiamos ó mundo da música: "Ollos verdes son traidores, azules mentireiros, azules e acastañados verdadeiros". Vaia, que cando nazas, xa antes de falar, xa estás sentenciado...Entón, está claro que o destino está máis que escrito. E pregúntoms: ¿@ que escribiu esta canción de que cor tiña os ollos? ¿negros os cataños?...A explicación está clara: é un cantar que sirve de alegoría á envidia de non pode ter uns ollos verdes ou azuis, pero querer telos desa cor...E cando non podes ter o que cobizas, que mellor que poñelos a pan pedir...Vivan os que teñen os ollos verdes ou azuis -un que ten os ollos verdes de traidor non ten nadad de nada, máis ben o contrario-.

3- Remato co famoso "Pisar mierda trae buena suerte". Seguro!!!. Se a pisas toca para empezar limpiarte. ¿E logo, está comprobado científicamente que se a pisas vas ter boa sorte? ¿Onde está ese estudio? ¿Por que entón a xente non adoita a pisala adrede?. Remítome ó punto 2 para reafirmar a miña postura de que alguén que a pisou -para tratar de saír airoso dunha desgraciada acción- se sacou da chistera o de que trae boa sorte. ¿Sería algún actor ou actriz dos que lles gusta desexarse moita mer--? Humm. Nin idea. Iso sí, se ter boa sorte vai depender de pisar mer-- que mer--de mala sorte!!!



UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

O Moucho dixo...

Que gran razón tes ó plantexar este tema. Claro esta, decimos os refrans según sopla o vento nese intre. Ainda así, certos refrans atinan con un porcentaxe considerablemente alto, pero nos casos donde o tempo a referirse non é moi longo. De calquer xeito, todos estes ditos, refrans, etc... forman parte dun patrimonio linguistico e inmaterial, que se está perdendo, e que, acerten ou no nas suas predicións, deberíamos conservar, pois forman parte da nosa cultura. Invito a todos a indagar no coñecemento destes ditos ou refrans, (xa sexan galegos, castelans, franceses, etc) para o noso enriquecemento cultural. Unha vez recordo que falando con un paisano que residía en Santiago, puxemonos a enfrentarnos un co outro (non recordo de que tema), e botamos preto de 3 minutos, soltando refrans. Eu dicialle un, el contradeciame noutro, eu contradeciao usando outro,..., e así preto de 3 minutos intensos, e sin repetir ningun dito ou refran. Ó final gañou el, pois era un home xa moi maior e eu ainda era un rapaz novo. De ahí que "sabe o demo mais por vello, que por demo"

O Moucho dixo...

¡Ah! Unha cousa mais: Nos tempos nos que corremos, con esto do cambio climatito, tamen se equivocan moitas veces os meteorologos; sobre todo no veran. Si non que llo digan ós hosteleiros das Rias Baixas, que ás veces estan que trinan.

sonia dixo...

Nunca me decatara destes aspectos.

Pois vaia gustoume o análisis que fixeches,cun ton irónico nalgúns casos.

Boa reflexión.