mércores, 21 de outubro de 2009

** Os primeiros pasos sempre son os máis difíciles...

Está claro que é unha vídeo-montaxe (con guión aprendido, nótase), pero é simpático, simpático. Os dobres sentidos da informática unido ós principiantes e ó humor...Pobre Daniela!!!

** A Frase Máxica de...Fernando Pessoa: felicidade


"¿Por qué para ser feliz fai falta non sabelo?"



Fernando Pessoa

venres, 16 de outubro de 2009

** A carta de axuste: aquel invento...

Agora non é como hai 20 anos. Hoxe hai moitas televisións e ningunha pecha. Iso si,todas botan man dos "teleconcursos-timo". Antes, so había unha televisións: TVE (coa primeira e coa segunda cadea) e desde 1985 a TVG. Todas pechaban de madrugada e despedíanse coa programación do vindeiro día, seguida do himno español (TVE) ou galego (TVG) e a carta de axuste (ver vídeos de abaixo).Incluso nos primeiros anos das televisións privadas había carta de axuste. E ata principios dos anos 80 poñíase a carta de axuste ó mediodía. ¡Cómo cambian os tempos!. Aínda que para ver certos programas das televisións actuais case mellor prefería a carta de axuste...



** A Frase Máxica de...Curt Goetz: persuadir vs convencer


"Ó intelixente pódese convencer; ó parvo, persuadir"



Curt Goetz