mércores, 7 de outubro de 2009

** Que rabia da cando....!!! MALETAS & TASAS

Q ue rabia da cando hoxe nos enteramos que Iberia estudia a posibilidade de cobrarnos por facturar as nosas maletas, como xa están facendo as compañías de baixo custe. No caso de Iberia as tasas variarán entre 15 e 100 euros.

A organización de consumidores FACUA xa anunciou que vai xudicializar este tema se finalmente a compañía aérea cumpre coa súa intención, ó igual que xa fixeron coas de baixo custe. FACUA advirte que consideran que o seu cobro sería ilegal segundo a Lei de Navegación do ano 60.

Por suposto, non estou dacordo con esta facturación extra de Iberia ou doutras compañías e penso: se de todos é sabido que Iberia e outras compañías aéreas nos perden bastantes -ou moitas- veces a equipaxe facturada, ¿deixarán de perdela co cobro desta tasa por facturar a nosa equipaxe? Dame que non...Por tanto, non cabe outra que preguntarse: ¿imos empezar a pagar para que nos sigan perdendo a equipaxe? Nada, burros e, a partir de agora,MÁIS que apaleados...¡¡¡QUE RABIA DA!!!


MÁIS INFORMACIÓN NESTES LINKS:

--> Iberia, a compañía europea que máis maletas extraviou no pasado inverno

--> FACUA



UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de....Mario Benedetti: tempo


"Cinco minutos bastan para soñar toda unha vida, así de relativo é o tempo"



Mario Benedetti

martes, 6 de outubro de 2009

** ¿Sabemos circular nas rotondas ou glorietas?

Definitivamente non. A rotonda é un carril circular. Se ten dous carriles, por norma xeral débese circular polo exterior. En todo caso, se vas polo interior e tés que pasarte ó exterior -polo motivo que sexa-, tés que sinalizar a maniobra e sempre teñen preferencia os que circulan polo exterior. Un caso moi común é cando hai unha rotonda de dous carriles no medio dunha recta. A rotonda non é recta, senón circular. NON SE PODE NIN DEBE ATRAVESALA COMO SE SE ESTIVESE CIRCULANDO POR UNHA RECTA. NON!!!. Hai que respetar á xente que está circulando polo carril exterior da rotonda e non atraversárselle diante como fan moitos que collen o carril interior para logo seguir de frente pola recta e non polo curso natural circular da rotonda.


POR SI NON ME EXPLICO, Aquí vos deixo uns vídeos no que tamén se falan sobre as preferencias e outros normas que convén respetar. Debían multar a tod@s que circulan erróneamente polas rotondas, así evitaríanse moitos accidentes.







UNHA OPINIÓN FEITA POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de...Gabriel G.Márquez: literatura


"O mundo terá terminado de foderse o día no que o home viaxe en primeira e a literatura no vagón de carga"



Gabriel García Márquez