venres, 2 de outubro de 2009

** A memoria fotográfica: o tempo todo o cambia (1)

A imaxe está extraída de internet. Na rede de redes non poñía quen foi @ autor da foto. Tampouco especificaba cantos anos tiña a foto. Coido que máis de 50 anos.¿De qué lugar se trata?. A ver se o acertades. Teño dúas fotos máis para os vindeiros días. A solución revelareina proximamente. Irei dando pistas. Animádevos a participar. A ver quen é o primeiro en acertala.

PISTA 1: Lugar situado en Galicia

xoves, 1 de outubro de 2009

** Outono de sensacións

Gústame o outono, moito. Eu tamén teño gañas de outono Os colores do outono non teñen rival. O outono, que para moita xente é unha estación triste e melancólica, regálanos unhas imaxes dunha beleza extraordinaria, soamente comparable coa beleza da primavera.

Alégrame a chegada do outono, é tempo de comezar actividades, tempo de estrear zapatos e xerseis. Isto ten que ser unha reminiscencia da miña época de estudante, que foi longa, moi longa. Xa se sabe, somos dunha xeración “moi preparada”. É máis, sempre hai cousas novas que aprender.

O que máis me gusta do outono é dar un paseo pola tarde e pisar as follas secas ó meu paso. O sol, nesta estación, é manso e agradécese, nada que ver co sol castigador do verán. Se chove non importa, pódese quedar na casa e disfrutar dunha conversa a carón dun té ou dun café ben quentiños. Sempre hai unha película por descubrir ou un libro por terminar. A chuvia peta no cristal da ventá, da igual, hoxe non hai que saír. So me falta unha lareira de verdade, menos mal que alguén tivo a idea de crear esta lareira virtual. Quentar, o que se di quentar, quenta pouco; pero máxica, o que se di máxica, si que é. Ten a maxia de todos os sonos que se forxaron á beira do lume nunha noite de inverno.

O ciclo da natureza repítese outra vez máis, as árbores despréndense da súa vestimenta para facerlle fronte o inverno espidos. Na próxima primavera, alá polo mes de marzo, han de florecer e volveremos a deleitarnos coa sinxela beleza dunha póla cuberta de floriñas. As mimosas son as máis adiantadas e xa florecen antes, en febreiro. Seino ben, ei de pasar un mes tusindo pola culpa do seu polen.



...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ] TRANQUILOS: ¡Non se abre nova ventana!


    Como inconvenientes do outono, dicir que os días se van facendo máis curtos, que se perden horas de luz natural. Este inconveniente vese agravado pola dichosa manía de cambiar a hora a finais do mes de outubro. Se non se fixera ese cambio que seica nos permite ¿aforrar? non sei cantos millóns de euros, a transición verán-inverno sería menos traumática, máis pausada, máis levadeira.

    Pois si, gústanme os raios do sol, os ventos rebulideiros, os primeiros fríos, o olor das castañas asadas, o olor do viño fermentando nas cubas,... Un domingo destes, en canto refresque, miña nai ha de facer un cocido para xantar. O cocido de miña nai está adaptado ós tempos que corren: graxas as mínimas. Con todo, sáelle moi bo. Bótalle carne de porco, de tenreira, de polo, lacón ou xamón, un par de chourizos, repolo, garavanzos e non sei cantas horas de dedicación. Para acompañar tan contundente prato, o mellor é un tinto da ribeira sacra. Ese día, de sobremesa, tomamos queixo de Arzúa con marmelo e biscoito. O cocido é un prato tradicional e vaille ben un postre tradicional. Pois iso, en canto miña nai faga o seu cocido o outono quedará inaugurado formalmente na miña casa.




UN RELATO ESCRITO POR: Alvariño
Colaborador habitual de A Lareira Máxica

** Río de Janeiro: ¿cidade olímpica 2016?

Mañán saberemos que cidade organizará os Xogos Olímpicos do ano 2016. Hai catro candidatas: Chicago, Madrid, Río de Janeiro e Tokio. España ten depositadas moitas esperanzas en que a súa capital sexa a cidade escollida. Ougallá sexa a agraciada, pero un servidor pensa que non o vai, e ougallá, ougallá, me equivoqué. O porqué é ben simple. Cada catro anos vaise rotando de continente, e tendo en conta que para o ano 2012 se van celebrar en Londres, sería repetir catro anos despois en Europa. E ata o de agora iso nunca se produciu. Hai quen aposto por Chicago por se a cidade natal de Barack Obama. Case ningúen aposta por Tokio. E logo está Río de Janeiro, que dame que vai ser a seleccinada. Teño ese presentimento. Non sei exactamente porqué.

Madrid, que xa se presentará como candidata para o 2012 non lograra os votos necesarios, aínda que a piques estivo. Coido que nunca se debera ter presentado para candidata no 2016 polo motivo antes explicado, aínda a pesar de ter pasado a primeira criba de 7 cidades precandidatas. Pode supoñer un despilfarro de millóns de pesetas, por cabezonería e insistencia. Cando menos ter esperado ó 2020. E se fracasa ¿presentarase unha terceira vez máis? ¿E os gasto económico doutra nova candidatura?.INSISTO: Ougallá mañán se elixa a Madrid que, por outro lado, sería a que mellores instalacións tería a día de hoxe. Sorte Madrid. Dito queda.

ACTUALIZACIÓN 02-09-09: Como xa pronostiquei: gañou Río de Janeiro. Madrid chegou á final contra Río de Janeiro. Canto ás outras dúas cidades candidatas: Chicago quedou descartada na primeira eliminatoria e Tokio na segunda. Noraboa a Río de Janeiro. Era evidente que ía gañar, xa que o factor de que nunca ningún país de Sudamérica organizara un xogos olímpicos pesaba moito en relación ós outros tres países que xa os organizarán (e no caso de Japón, incluso os organizara na mesma cidade, isto é, Tokio). ¿Voltará a presentarse Madrid para as de 2020, 2024,...2060,...? ¿Tirarán ó lixo millóns de cartos, de novo? ¿De onde saen tantos euros para presentar a canditatura? ¿Sería responsable voltar a tentalo en 2020 e expoñere a un novo fracaso co conseguinte custe económico?. Para pensalo dez ou doce veces como mínimo...



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de....Franklin: tempo e vida


"Se amas a vida, economiza o tempo, porque de vida se compón o tempo"



Benjamin Franklin