xoves, 1 de outubro de 2009

** A Frase Máxica de....Franklin: tempo e vida


"Se amas a vida, economiza o tempo, porque de vida se compón o tempo"



Benjamin Franklin

mércores, 30 de setembro de 2009

** Alonso & Ferrari: ...Y fueron felices y comieron perdices

Por fin se confirmou o que era un segredo a voces: Fernando Alonso fichou pola escudería Ferrari. O bicampión español de Fórmula 1 cumpre o seu sono e, en teoría, terá a súa disposición (¿e a de Felipe Massa?) o mellor coche e a escudería máis mítica e afamada da grella de saída. Moita sorte a nivel deportivo para Fernandinho Alonso, que logo dunha sequía de tres anos, xa lle toca facer algo en 2010. E tamén coido que o merece. Encántame como piloto.

Por certo, Fernandinho non é brasileiro, senón español, a pesar de que non declare á Facenda de España senón a doutros países onde ten fixado a súa residencia "oficial"(coido que Suiza)...É o gran PERO que lle poño ó piloto asturiano. Cos 25 millóns de euros que cobrará por tempada (firmará por 3 con opción, pola súa parte, a ampliala ata 5) ata a crise se apaciguaría para a Axencia Tributaria. Senón facede números. Sin dúbida a gran nova sería que, POR FIN, Fernando Alonso declarase os seus ingresos en España. Unha mágoa que os que máis teñen non sexan solidarios e a clase media sexa a que teña que saca-las castañas do fogo ó ser a inmensa maioría. ¿Onde queda o artigo 41.1 da nosa Constitución que di que "todos contribuirán ó sostemento dos gastos públicos dacordo coa súa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto inspirado nos principios de igualdade e progresividade"?. Non, os que máis teñen incluso declaran en paraísos fiscais. E logo presumen de españoles e de solidarios...



UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

martes, 29 de setembro de 2009

** Máis que un Efecto Mariposa

Susana Alva (voz), Frasco D. Ridgway (bajo) e Alfredo Baón (batería) son os tres compoñentes actuais do grupo musical "Efecto Mariposa", un dos xurdidos nos últimos anos que máis me gustan. No 2000 fundouse esta formación malagueña de pop/rock. Entre outras, destaco cancións tan coñecidas como "No me crees" (que cantan a dúo con outro malagueño ilustre: Javier Ojeda, a voz dos "Danza Invisible"), "Si tú quisieras", ou "Por Quererte", que é o que está soando nas radiofórmulas na actualidade. É unha canción fermosa, na que funden tan ben as letras, plenas de sentimentos encontrados, coa dóce melodía da súa música. Un pracer para os oídos e unha regalo para o corazón.

"Por quererte" e unha canción onde o desamor se sumerxe nos versos do tema ata asulagalo, case por completo, nun sentimento de melancolía difícil de esquecer, e aderezado cun son melodioso e pegadizo. Mellor escoitalo:



Esta canción, unha clara alegoría ó amor, espértame moitos sentimentos, lembranzas, esperanzas e desexos (cumpridos ou incumpridos). Imprime nostalxia, tenrura, desengano, pero tamén gratos momentos vividos. En tres palabras: a vida mesma.




ENLACE: Web de Efecto Mariposa



UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordindor de A Lareira Máxica

**A Frase Máxica de....De la Fontaine: paciencia


"A paciencia e o tempo fan máis que a forza e a violencia"



Jean De la Fontaine