martes, 29 de setembro de 2009

** Máis que un Efecto Mariposa

Susana Alva (voz), Frasco D. Ridgway (bajo) e Alfredo Baón (batería) son os tres compoñentes actuais do grupo musical "Efecto Mariposa", un dos xurdidos nos últimos anos que máis me gustan. No 2000 fundouse esta formación malagueña de pop/rock. Entre outras, destaco cancións tan coñecidas como "No me crees" (que cantan a dúo con outro malagueño ilustre: Javier Ojeda, a voz dos "Danza Invisible"), "Si tú quisieras", ou "Por Quererte", que é o que está soando nas radiofórmulas na actualidade. É unha canción fermosa, na que funden tan ben as letras, plenas de sentimentos encontrados, coa dóce melodía da súa música. Un pracer para os oídos e unha regalo para o corazón.

"Por quererte" e unha canción onde o desamor se sumerxe nos versos do tema ata asulagalo, case por completo, nun sentimento de melancolía difícil de esquecer, e aderezado cun son melodioso e pegadizo. Mellor escoitalo:



Esta canción, unha clara alegoría ó amor, espértame moitos sentimentos, lembranzas, esperanzas e desexos (cumpridos ou incumpridos). Imprime nostalxia, tenrura, desengano, pero tamén gratos momentos vividos. En tres palabras: a vida mesma.




ENLACE: Web de Efecto Mariposa



UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordindor de A Lareira Máxica

**A Frase Máxica de....De la Fontaine: paciencia


"A paciencia e o tempo fan máis que a forza e a violencia"



Jean De la Fontaine

luns, 28 de setembro de 2009

** Xa é oficial: A Lareira Máxica, finalista nos 20 Blogs

Hoxe produciuse a confirmación oficial dos resultados dos Premios 20 Blogs 2009 (organizado polo xornal "20 Minutos") que xa vos adiantaba o pasado venres 18 de setembro. A Lareira Máxica quedou 4ª na categoría VERSIÓN ORIXINAL (blogs escritos en lingua distinta ó castelán). O gañador foi un blog escrito en francés, segundo quedou outro blog galego "Cinema Friki", e de terceiro un microblog escrito en inglés. Parabéns a todos eles, en especial a Cinema Friki, que se ben non gañou, a punto estivo.

Na xeral, A Lareira Máxica quedou nun posto 96º, cos 26 votos xa ditos. No concurso participaron máis de 5.000 blogs. No tocante á categoría de Deseño A.L.M. tivo 3 votos e rematou no posto 61ª.

Agora, cada un dos 5 primeiros blogs (agás en tres categorías nas que pasan 6, ó haber empate no 5ª posto entre dúas bitácoras) das 20 categorías pasan á gran final, na que un xurado de expertos elixirá o mellor blog 2009. O/s gañador/es daranse a coñecer o 22 de octubre na festa de entrega de premios en Madrid. En total serán 99 blogs na final, xa que nunha das categorías (Mellor Deseño) os 5 primeiros clasificados xa o foron tamén noutra. Ou sexa: 5 x 20= 100 blogs -5 que coinciden= 95 + 4 blogs empatados mp 5ª posto (nas categorías de cine/televisión; deportes; humor; e latinoamericano) - 99 blogs finalistas.

Ougallá haxa sorte, pero dame que o xurado se vai inclinar por elixir o mellor blog entre os gañadores das 20 categorías. Ó sumo podería entrar nas deliberacións algún segundo. Espero equivocarme e que A Lareira Máxica sexa un serio candidato ó triunfo final, pero dado que está en galego coido que o xurado tirará por algún escrito en castelán. Senón tempo ó tempo.

Aquí tedes o cadro completo de finalistas e a clasificación definitiva nas distintas categorías.

No meu nome e no de todos @s colaboradores/as que fan posible A Lareira Máxica: gracias ós participantes nos Premios 20 Blogs 2009 que votástedes polo noso blog. Alédome que vos gustara o blog. Son 26 votos na categoría V.O. (e 3 na de Deseño) que animan a continuar,xa que máis dunha vez me reprantexei seguir adiante co blog. Algo que a tódolos bloggers lles pasou, pasa ou pasará en varias ocasións.

sábado, 26 de setembro de 2009

** Verano Azul: unha nova serie + película made in USA

Xa se sabía que están rodando unha nova serie de Verano Azul, unha versión anos 2000, na que incluso aparecerá un actor da serie orixinal. Descoñecíase, por contra, a intención de rodar unha película americana baseada na famosa teleserie, e na que destacados actores e actrices de Hollywood se porán na pel de Chanquete, Julia, Javi, Bea, Pancho, Tito, Piraña, Desi e Quique. Polo de agora xa sabemos os actores e actrices elixidos:







Divertido e inxenioso vídeo de humor. O da película non é verdade, pero o da nova serie sí. Non hai data de estreo, nin quen será ó protagonista do primeiro Verano Azul que repetirá reparto. So se sabe que haberá un/unha que repita. ¿Quen será?. Son moitos os que aposta por Juanjo Artero ("Javi"), pero a miña aposta e a de Miguel Joven ("Tito"), xa que é o único dos protagonistas que era de Nerja (localidade onde se rodou a serie) e que actualmente traballa alí dentro do sector da hostelería.

O malo de todo isto é que SEGUNDAS PARTES NUNCA FORON BOAS. Cada serie ten o seu momento e a súa época. Este Verano Azul 2 corre o serio risco de pegarse o gran batacazo, xa que 30 anos despois a sociedade cambiou moito. Tería que ser algo moi distinto, pero á vez entrañable. Un gran papelón para director e guionista. SORTE.