domingo, 20 de setembro de 2009

** Andrés Montes abandona "La Sexta"

No trancurso da retransmisión da final do Campionato de Europa de Baloncesto, o xornalista de La Sexta Andrés Montes, anunciou que ésta sería a súa retransmisión nesta canle, sen aclarar nin porqué se vai de La Sexta nin a onde se irá.

Montes chegara á cadea en 2006, poucos meses despois do nacemento de La Sexta, e foi o encargado de retransmitir os partidos da Liga de Fútbol Española dos sábados, así como os encontros da selección española de baloncesto. Anteriormente traballara, entre outros medios de comunicación, na desaparecida Antena 3 Radio ou en Canal + (en ambos casos na sección deportiva do baloncesto).

Fíxose moi peculiar polo seu peculiar xeito de retransmitir os partidos de fútbol ou baloncesto, nos unificaba a súa narración co show. Desta maneira acuñou en 2006 o famoso termo do "tiki taka" -para referirse ó bo fútbol- ou os alcumes a moitos deportistas tales como Puyol ("Tiburón"), Iniesta ("Sweet Iniesta), Xavi ("Humphrey Bogart"), Pau Gasol ("E.T."), Felipe Reyes ("Espartaco"), Kiko ("Capitán"), Turkoglu ("La Magia Turca"), ou ó mítico xogador do Estudiantes dos anos 80 David Russel ("Eléctrico"), entre unha moi longa lista.

A pesar de que, ás veces, se fai un pouco pesado repetindo chistes ou xogos de palabras fáciles, encántame. É un crack. Agardo que o vexamos novamente noutro medio de comunicación. ¿Tal vez se irá de novo a Canal +, antes de empezar a nova tempada da NBA? Non sei porqué teño ese presentimento, pero podo equivocarme.



UN ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** España proclámase campiona de Europa de Baloncesto

A selección española de baloncesto proclamouse hoxe Campiona de Europa de Baloncesto, tras vapulear na final a Serbia, outra das favoritas por un marcador de 85-63. España, que tamén é a actual campiona do Mundo (título acadado hai 3 anos no Mundial de Japón), suma así un novo éxito e aproveita para desquitarse do mal sabor de boca da medalla de plata do anterior Europeo disputado hai dous anos en Madrid e no que perderan a final contra Rusia. Desta vez e, a pesar dun inicio irregular neste Europeo 2009 de Polonia, tocou gañar.

Unha selección na que a pesar de contar coas baixas de Carlos Jiménez (xa retirado) e de José Manuel Calderón e Berni Rodríguez que non puideron participar, é un auténtico grupo cheo de xeniais baloncestitas. Os seus doce integrantes neste Europeo foron: Ricky Rubio, Carlos Cabezas, Raúl López, Juan Carlos Navarro, Rudy Fernández, Álex Mumbru, Sergio Llull (debutante), Felipe Reyes, Jorge Garbajosa, Víctor Claver (debutante) e os irmáns Marc e Pau Gasol.

Todo un luxo de selección. Agardemos que os éxitos desta xeneración duren moitos anos e que as que veñan despois aprendan que, a parte de ser bos, hai que ter esta mentalidade gañadora.



UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

venres, 18 de setembro de 2009

** A Lareira Máxica, finalista provisional nos 20 Blogs´09

Un total de 5.548 blogs participaron nos Premios 20 Blogs 2009, organizadas polo diario gratuíto "20 Minutos". Había un total de 20 categorías. Cada blog so podía presentarse a de mellor diseño e a outra. Nós eliximos a de diseño e a de "Versión Orixinal" (blog escrito en lingua distinta ó castelán). Tras finalizar as votacións os resultados provisionais sitúan a A Lareira Máxica 4ª na categoría versión orixinal, con 26 votos, e 62º na categoría de mellor diseño, con 3 votos. Os resultados oficiais publicaranse o día 28-09-09.

A clasificación dos cinco primeiros na categoría "Versión Orixinal" foi:
1- El blog del Profe de Francés, 77 votos (blog en francés)
2- Cinema Friki, 74 votos (blog en galego)
3- 365 things I love in life!, 44 votos (blog en inglés)
4- A Lareira Máxica, 26 votos (blog en galego)
5- La volta dels 25, 25 votos (blog en catalán)

Unha vez sexan confirmados os resultados, os 5 primeiros blogs de cada unha das categorías pasarán á gran final, na que un xurado de expertos elixirá o mellor blog 2009. Coido que o xurado inclinarase por algún dos 20 gañadores nas 20 categorías.
Con todo, coido que estas votacións non son xustas xa que hai blogs que hai meses que non se actualizan e, por contra, tiveron moitos puntos. Tamén resulta curioso comprobar como na categoría Versión Orixinal se presentou algún escrito en castelán ou blogs duplicados, cousa que non debería estar permitida. Penso que a organización dos Premios debería ter elixido entre as 20 categorías (na que sobraba algunhas e faltaban outras) un número determinado de blogs de certa calidade e logo deixarlle votar a todos os que quixeran e non so ós inscritos nos Premios 20 Blogs. Ougallá na vindeira edición melloren...

Por certo, noraboa ós gañadores nas respectivas categorías.

luns, 14 de setembro de 2009

** O Premio da Amizade (amistad)

A Lareira Máxica recibiu o simbólico premio da Amizade. En nome de tod@s @s que facemos posible o blog de A Lareira Máxica quixera darlle as gracias a Meiguiña polo premio que nos outorga. Para min, cando menos, ten moito valor pois ven dunha asidua visitante ó blog. O mesmo que para os premios concedidos no seu momento por Toupeiro ou outros bloggers. Moitas gracias pois iso anima a calquera a seguir adiante con A Lareira Máxica. Por certo, fago un chamamento para que a xente que nos visita colabore enviándonos artigos(tamén se admiten os escritos en castelán). Se non fosen propios, identificádeos.

Tamén quero compartir o Premio da Amizade (amistad), a parte de con Meiguiña, cos seguintes blogs amigos que acostumo a visitar e que me encantan. Non están todos os que son, pero son todos os que están. Velaquí a relación de premiados nesta ocasión:

**A un intre
**Andrés Milleiro
**Apuntes en sucio
**Entre nómadas
**Farrapos de Gaita
**Im-pulso
**Islas Cíes
** Migramundo
**O Faro de Fisterra
**Rabudo
**A toupeira-toupeiro
**Viendo el mundo desde mi sillón
**JR Mora

A tod@s, gracias pola vosa amizade, e polos estupendos e entretidos blogs que facedes.