mércores, 9 de setembro de 2009

** A Frase Máxica....sobre a honestidade


" A honestidade é unha preciada bandeira, tan difícil de atopar como chea de inmensa paz e felicidade "



Julio Torres

martes, 8 de setembro de 2009

** A natureza en estado puro

Abramos ven os ollos e os nosos sentidos. Relaxémonos por un instante, por dous minutos para ser exactos. É pouco tempo, pero pode ser moito. Apagade calquera reproductor de música que teñades acendido. Para parar o de A Lareira Máxica, á vosa dereita, so lle tedes que dar a PAUSA. Gocemos da natureza en estado puro a base de breve pero sutís pinceladas. Preparados, listos e facede click no seguinte vídeo. A min encántame.



¿A que apetece que durara un chisco máis? Pois valoremos a natureza que nos rodea e disfrutemos dela aínda que so sexa unha hora ó día ou unha á semana. A natureza aporta vitalidade e fainos sentir como un elemento máis do inmenso Planeta. Non estamos sós, hai máis que persoas: hai plantas, animais, auga... Sepamos apreciar o que temos. E máis nunha terra como a galega.

Carpe Diem (nunca mellor dito)

**A Frase Máxica de.....Platón: razón e valor



" A razón e o valor sempre se imporán á traizón e á ingratitude "



Platón

luns, 7 de setembro de 2009

** Atopar un traballo digno en Google

Google dinos algo en relación á busca dun traballo digno. ¿Que é o que nos di? Probade a facer o seguinte e veredes o que resulta.

1) Abride http://www.google.com
2) Escribide: "encontrar un trabajo digno" no buscador
3) Facede click en "Voy a tener suerte", en lugar de darlle a Enter.
4) Agora é preciso ler despacio o texto resultante. Sorprendente e inxenioso ¿non?.

¡Un aplauso para Google por arrancarnos un sorriso a golpe de luns!. E é que o tema do traballo hai que tomalo con filosofía,paciencia e, de vez en cando, cun chisco de humor para non afogar de pena.