** A natureza en estado puro
Abramos ven os ollos e os nosos sentidos. Relaxémonos por un instante, por dous minutos para ser exactos. É pouco tempo, pero pode ser moito. Apagade calquera reproductor de música que teñades acendido. Para parar o de A Lareira Máxica, á vosa dereita, so lle tedes que dar a PAUSA. Gocemos da natureza en estado puro a base de breve pero sutís pinceladas. Preparados, listos e facede click no seguinte vídeo. A min encántame.
¿A que apetece que durara un chisco máis? Pois valoremos a natureza que nos rodea e disfrutemos dela aínda que so sexa unha hora ó día ou unha á semana. A natureza aporta vitalidade e fainos sentir como un elemento máis do inmenso Planeta. Non estamos sós, hai máis que persoas: hai plantas, animais, auga... Sepamos apreciar o que temos. E máis nunha terra como a galega.
Carpe Diem (nunca mellor dito)



