martes, 25 de agosto de 2009

** Julian Beever: Arte nos espacios públicos (e 2)

Aquí tedes a segunda parte das fotos das obras de arte de Julian Beever que nos enviou Sonia. A primeira tanda de imaxes fora ésta. Lembrade que non todo é o que parece. Moitos poden ser debuxos. A min non me deixan de sorprender. (Julio)











IMAXES REMITIDAS POR: Sonia
Colaboradora de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de....Charles Chaplin: o cerebro


"O noso cerebro é o mellor xoguete que se creou. Nel atópanse todos os secretos, incluso o da felicidade"



Charles Chaplin

luns, 24 de agosto de 2009

** "Donde caben 3, ojalá quepan 6"..."Ya lo sabía!!!


Onte o F.C.Barcelona gañoulle a Supercopa de España de fútbol ó ATH.Bilbao, logo de acadar a victoria na ida en Bilbao por 1-2 a semana pasada e vencer onte en Barcelona por 3-0. Resulta incoherente p feito de cómo se chega a disputar un trofeo que debe enfrontar ó gañador de Liga e Copa do Rei, se as dúas competición as gañou o equipo barcelonista, sobre todo cando houbo unha época alá polos 80 que cando un mesmo equipo gañaba as dúas competicións automaticamente xa lle daban a Supercopa de España. Lóxico. Moi lóxico. A modo de anécdota o último título do Bilbao foi precisamente o da Supercopa de España nos anos 80, pero sen chegar a disputalo, polo que acabao de apuntar. Pero logo mudou. Unha mostra os partidos da Supercopa deste ano. Aínda que gañou o Barcelona, o lóxico tería sido darlle o trofeo ó equipo catalán pois venceu as dúas competicións. Como aquela do Bilbao. Sería ilóxico que o Bilbao tivese levado a Supercopa de España sen ter logrado nin a Liga nin a Copa do Rei. Sería esperpéntico.

Nesta temporada que empeza en teoría o conxunto azulgrana pode conseguir 6: os tres xa gañados o ano pasado máis a Copa Intercontinental e as Supercopas de Europa e España. Outra lectura tamén pode ser que, de acadar o título da Supercopa de Europa conquistaría 5 títulos en 2009. Un auténtico repóker de títulos. Unha man de títulos. Dos 6 desta temporada que empeza os realmente importantes son os tres xa conqueridos a temporada pasada e a Intercontinental. Os da Supercopa son, por así decilo, trofeo veraniego oficiais que enfrontan no caso de Europa ó gañador da Champions co da UEFA (hoxe Europa League) e no caso da Supercopa de España o gañador da Liga co da Copa do Rei.

Coido que conquerir 6 títulos sería algo utópico algo parecido. Nunca ninguén o logrou. A tempada pasada o F.C.Barcelona conquitou o triplete: Champions League, Liga Española e Copa do Rei. Como xa apuntei no seu momento, iso so o fixeron un equipo europeo por década. En España tan so o F.C.Barcelona.

En fin, que o F.C.Barcelona xa ten o seu primeiro título, para min, xunto coa Supercopa de Europa que disputará o vindeiro venres contra o Shatkar ucranniano, os títulos menos importantes dos seis. E dos outros catro, pois sería algo case utópico logralos. Non imposible, pero case. Se o Barcelona gaña dous deses catro este ano xa me daría máis que satisfeito.

Aínda que como escoita ultimamente: "donde caben dous, caben tres! ó que engado, como o fai o diario Sport na viñeta gráfica que ilustra este artigo "donde caben tres, ojalá quepan seis" Claro que alguén pode dicir que iso é de perogrullo e apostillar aquilo de "YA LO SABÍA!!!". Sí, Pero por soñar que non quede. Xa vedes por publicidade, soños e realismos que non queden. Pero insisto: se o Barcelona acada dous títulos dos catro "grandes" xa sería un tremendo éxito.


Viñeta gráfica publicada no diario deportivo SPORT e feita por Caye



UN ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica....sobre o destino...


" As casualidades son as cicatrices do destino "



Carlos Ruíz Zafón