De vez en cando non está de máis filosofar un pouco e, sobre todo, reflexionar sobre o qué dicimos. Ademais é un bo exercicio para a mente. Claro que sen pasarse...
Pois máns á obra:
¿É o mesmo dicir "é unha persoa moi humana" que "este humano é moi boa persoa"?. A partir de aquí poden xurdir outras dúbidas secundarias do tipo: ¿Significa o mesmo persoa que humano? ¿É unha redundancia falar de persoa humana? ¿Tódolos humanos son persoas? e ¿tódalas persoas son humanas?. Espero as vosas repostas ás preguntas. Sede valentes e participade!!!
AVISO: Non vale utilizar o Google nin material bibliográfico. So se trata de discurrir un pouco. Non vale respostar sen xustificar a resposta. Trátase de reflexionar e debatir. Unha posta en común. A ver qué sale deste "experimento".
REFLEXIÓNS PROPOSTAS POR: Julio Torres Coordinador de A Lareira Máxica
A canción de Mercedes Sosa que soa de fondo no seguinte vídeo é triste. Sí, pero a súa voz desgarrada vai adicada a unha situación triste de por sí: a pobreza enfocada especialmente nos nenos. Por tanto, sería unha incoherencia que a cancións fose bonita, se o que tenta describirnos é algo terrible e triste. Debe facernos reflexionar: xente que apenas ten de qué vivir vs outra que vive na abundancia.
Hai un pouco consultando a prensa, atópome co seguinte titular "Samuel Etoo está a sólo un millón del Inter de Milán". Refírese a que este gran xogador de fútbol está a piques de fichar polo equipo italiano do Inter de Milán e que "so" (as comiñas son miñas) un millón de euros o separan deste equipo. Vaia por 166 millóns das antigas pesetas arriba ou abaixo...Claro que falan de que pide cobrar 11 millóns de euros anuais e o Inter ofrécelle 10. Será que ó lado de tantos millóns, un arriba ou abaixo... Pero coidado, son moitos os medios de comunicación que vanalizan ese millón de euros, como se se gañara nun ano ou en dous... E ollo, pasou algo parecido coa fichaxe de Cristino Ronaldo: uns falan que o traspaso do ex-xogador do Manchester United ó R.Madrid custou 94 millóns de euros, outros apuntan que 95, outros que 96...Vaia que parece que falan de 1.000 pesetas arriba ou abaixo. E exemplos deste estilo poderiamos poñer moitos. Senón pensade.
Namentres, e como di Mercedes Sosa "a estas horas hay un niño en la calle". Lástima que un deses millóns, arriba ou abaixo, non fose para eles. E así en todos e cada un dos moitos exemplos que se poderían pór en múltiples fichaxes que moitos medios tenden a ningunear ou tildar de flecos. Seguro que este nenos da rúa o ían apreciar non moito, nin moitísimo, senón infinitamente. E para eles non serían flecos, senón cabeleiras enteiras de felicidade...
POR FAVOR MEDIOS DE COMUNICACIÓN, XORNALISTAS E DEMAIS: un millón de euros arriba ou abaixo son moitos cartos, non falamos de calderilla, senón de moitísimos millóns. Non so para a xente pobre da rúa, senón para calquera dos mortais. So que se nota aínda máis na xente pobre, de aí que este artigo-opinión o enlace co vídeo que recibín sobre a canción de Mercedes Sosa. Pero xa tiña pensado escribir sobre o das cifras oscilantes pois paréceme falta de rigor informativo (ou polo menos aclarar porqué outros medios falan doutras cifras e de onde provén o desfase).
VÍDEO REMITIDO POR: Jose Colaborador de A Lareira Máxica ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Se algunha vez sufres un accidente ou, polo que sexa, os servicios de emerxencia precisan pórse en contacto con algún familiar soen botar man da axenda dos móbiles (agora que unha gran porcentaxe da poboación xa o ten). Pero: ¿a quen chamar?. Envíanos María este enlace sobre unha campaña posta en marcha polo Ministerio de Interior e Cruz Vermella sobre dita cuestión. Nel tedes a solución e as pautas a seguir. De impresncindible lectura, por si acaso.
Hoxe quero recordar a un poeta que case sempre pasou desapercebido na nosa literatura, pero que en realidade foi tan importante coma a nosa Rosalía de Castro. Convirtese no representante mais importante da poesía de Vangarda non so en España sinon en Europa. Con Manuel Antonio, surge una nova poesía galega, mais acorde coa modernidade da época, rachando coa poesía romantica e sentimental, que tanto abundaba do seu tempo.
En memoria a este poeta rianxeiro que morreu tan novo, aquí vos deixo un poema del, que tanto me chamou a atención. Debo confesar que costame moito interpretar a poesía de Manuel Antonio, pois está cargada de simbolismo pero este poema sempre me apasionou.
SÓS
Fomos ficando sos o Mar o barco e máis nós.
Roubáronos o Sol O paquebote esmaltado que cosía con liñas de fume áxiles cadros sin marco
Roubáronos o vento Aquel veleiro que se evadeu pola corda floxa do horizonte
Este oucéano desatracou das costas e os ventos da Roseta ourentáronse ao esquezemento As nosas soedades veñen de tan lonxe como as horas do reloxe Pero tamén sabemos a maniobra dos navíos que fondean a sotavento dunha singladura No cuadrante estantío das estrelas ficou parada esta hora: O cadavre do mar fixo do barco un cadaleito
Fume de Pipa Saudade Noite Silenzo Frío E ficamos nós sos Sin o Mar e sin o barco nós.
OPINIÓN ENVIADA POR: O Moucho Colaborador habitual de A Lareira Máxica
La recompensa del PP para las mentiras de Aldama
-
[image: La recompensa del PP para las mentiras de Aldama]
Víctor de Aldama se llevó cinco millones y medio de euros en el caso de las
mascarillas. El PP ...
Sucios Poemas De Amor, de Rafael Calero Palma
-
Sucios Poemas De Amor es el último libro del poeta Rafael Calero Palma. Un
libro donde ese misterio llamado “amor” va y viene, abre y cierra puertas,
sale ...
XV Premios La Buena Prensa
-
Se puede presentar cualquier texto en castellano publicado en 2025 en
soporte papel o digital. Los galardones están abiertos a medios de
comunicación de ...
El fracaso del Reino Privativo de Mallorca
-
*¿Qué significa privativo en derecho? *
*Privativo en derecho hace referencia a algo que *
*pertenece o es exclusivo de una sola persona o entidad, lo que si...