luns, 20 de xullo de 2009

** ¿A quen che gustaría que chamasen?

Se algunha vez sufres un accidente ou, polo que sexa, os servicios de emerxencia precisan pórse en contacto con algún familiar soen botar man da axenda dos móbiles (agora que unha gran porcentaxe da poboación xa o ten). Pero: ¿a quen chamar?. Envíanos María este enlace sobre unha campaña posta en marcha polo Ministerio de Interior e Cruz Vermella sobre dita cuestión. Nel tedes a solución e as pautas a seguir. De impresncindible lectura, por si acaso.


sábado, 18 de xullo de 2009

** UN MOMENTO PARA A POESÍA

Hoxe quero recordar a un poeta que case sempre pasou desapercebido na nosa literatura, pero que en realidade foi tan importante coma a nosa Rosalía de Castro. Convirtese no representante mais importante da poesía de Vangarda non so en España sinon en Europa. Con Manuel Antonio, surge una nova poesía galega, mais acorde coa modernidade da época, rachando coa poesía romantica e sentimental, que tanto abundaba do seu tempo.

En memoria a este poeta rianxeiro que morreu tan novo, aquí vos deixo un poema del, que tanto me chamou a atención. Debo confesar que costame moito interpretar a poesía de Manuel Antonio, pois está cargada de simbolismo pero este poema sempre me apasionou.


SÓS

Fomos ficando sos
o Mar o barco e máis nós.

Roubáronos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco

Roubáronos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pola corda floxa do horizonte

Este oucéano desatracou das costas
e os ventos da Roseta
ourentáronse ao esquezemento
As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas do reloxe
Pero tamén sabemos a maniobra
dos navíos que fondean
a sotavento dunha singladura
No cuadrante estantío das estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre do mar
fixo do barco un cadaleito

Fume de Pipa Saudade
Noite Silenzo Frío
E ficamos nós sos
Sin o Mar e sin o barco
nós.



OPINIÓN ENVIADA POR: O Moucho
Colaborador habitual de A Lareira Máxica

mércores, 15 de xullo de 2009

** A Frase Máxica.....Entre miradas e sonrisas


" A mirada é unha ventana aberta á alma e a sonrisa a súa mellor expresión"



(Julio Torres)

luns, 13 de xullo de 2009

** A Lareira Máxica participa nos Premios 20 Blogs´09

A Lareira Máxica volverá a participar este ano 2009 nos Premios 20 Blogs, organizados polo xornal 20 Minutos. Na edición do ano pasado A Lareira Máxica quedou finalista, sendo segunda na categoría "mellor blog en versión orixinal"(ou sexa, escrito en lingua distinta ó castelán),por detrás do blog catalán En veu alta. En 2009 A.L.M. inscribiuse de novo na categoría de "versión orixinal", así como na de "deseño".

O que desexe votar por A.L.M. ou por calquera outra bitácora debe ter inscrito, cando menos, un blog no concurso de 2009. O periodo de votación empeza hoxe día 13 de xullo e finalizará o 17 de setembro. Se alguén considera, en conciencia, que A Lareira Máxica merece o seu voto, pode clicar no enlace (botón vermello) que figura na columna da dereita e votala. Se non é así, pois que non a vote. O único que pretendo é que a xente coñece aínda máis A.L.M. Ademais os premios tamén permiten descubrir blogs moi interesantes nas diferentes categorías do concurso e persoas que merecen a pena. Iso foi o que máis me gustou da experiencia de 2008.

P.D.: Ougallá que o mellor blog "en versión orixinal" sexa para un blog galego -sexa ou non A Lareira Máxica-, que Galicia ten moi bos blogs e bloggers e xa toca que o premio veña para a nosa terra. Sorte, paisanos!!!



Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica