luns, 13 de xullo de 2009

** A Lareira Máxica participa nos Premios 20 Blogs´09

A Lareira Máxica volverá a participar este ano 2009 nos Premios 20 Blogs, organizados polo xornal 20 Minutos. Na edición do ano pasado A Lareira Máxica quedou finalista, sendo segunda na categoría "mellor blog en versión orixinal"(ou sexa, escrito en lingua distinta ó castelán),por detrás do blog catalán En veu alta. En 2009 A.L.M. inscribiuse de novo na categoría de "versión orixinal", así como na de "deseño".

O que desexe votar por A.L.M. ou por calquera outra bitácora debe ter inscrito, cando menos, un blog no concurso de 2009. O periodo de votación empeza hoxe día 13 de xullo e finalizará o 17 de setembro. Se alguén considera, en conciencia, que A Lareira Máxica merece o seu voto, pode clicar no enlace (botón vermello) que figura na columna da dereita e votala. Se non é así, pois que non a vote. O único que pretendo é que a xente coñece aínda máis A.L.M. Ademais os premios tamén permiten descubrir blogs moi interesantes nas diferentes categorías do concurso e persoas que merecen a pena. Iso foi o que máis me gustou da experiencia de 2008.

P.D.: Ougallá que o mellor blog "en versión orixinal" sexa para un blog galego -sexa ou non A Lareira Máxica-, que Galicia ten moi bos blogs e bloggers e xa toca que o premio veña para a nosa terra. Sorte, paisanos!!!



Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

venres, 10 de xullo de 2009

** To be or not to be a gentleman

Ando perdendo o tempo co ordenador. Non sei si perdendo o tempo ou pasando o tempo. Teríamos que preguntarllo a miña profesora de lingua. Mellor non facelo. Esta muller era terrible. Mesmo o meu amigo Moucho, que é un home que anda a procura da súa media laranxa, había de fuxir dela. Non me estrañaría nada porque esta de media laranxa tiña pouco, éravos limón enteiro. Non teño gañas de cualificala. Aínda que, por outra parte, non sei por qué non ei de facelo. Bah..., non o fago. Paso, soamente estou aburrido e ese non é motivo suficiente para caer no insulto. Son un tipo elegante e estou por riba dese tipo de cousas. Teño que morderme a lingua. Pois iso, mellor ser elegante que acabar cuspindo flema.

Non sei..., non sei..., e que se non o digo podo estoupar. Noto que empeza a apertarme o pantalón e que se non o solto non quedo a gusto. ¡Qué dilema máis grande! A verdade, hai cousas que so teñen un nome. Non sei porque teño que comportarme coma un cabaleiro, ¿é ela una dama digna do meu silencio? Non, non o é, non, non, e requetenón. É máis: ¿é ela unha dama? Tetas tiña, iso sí, pero de aí a ser unha dama... A piques estivo de suspenderme, custoume máis aprobar lingua que o dereito procesal. E iso si que foi forte, moi forte, que o meu profesor de procesal foi un xuíz eclesiástico, don Manuel Calvo Tojo. Para aprobar procesal tivéralle que pedir axuda os santos da capela da Corticela. Portáranse ben, quitara un Notable. Con lingua non lles pedira axuda, daquela simpatizaba co budismo. Quitei un aprobado, un milagre tamén.


...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]


    Seguro que non o creedes, pero inda ando a voltas coa limpeza do trasteiro. Lévame o seu tempo por dous motivos: o noso trasteiro é grande e estaba bastante cheo. Certo é que levo o traballo con moita calma. Estes días andei revisando as caixas dos apuntes. Atopei algunhas cousas curiosas. Unha delas é unha foto antiga dos meus antepasados nas Américas, ten unha dedicatoria por detrás e está fechada no 1920. Na miña familia debémoslle moito a América, concretamente a Arxentina. É xusto recoñecelo. Cando conecte o portátil ei de escanear a foto. Agora non podo porque este ordenador non se entende co trebello multifunción. Non me preguntedes o motivo pero este pc so vai ben coa vella impresora hp. Deben ser unha das últimas parellas a proba de tentacións, sonlle absolutamente fieis un ó outro.

    Outra cousa interesante que atopei: un relato. Titúlase “El decano no padece claustrofobia”. Este relato debe ter uns 12 anos e fixo que me acordara da miña faceta “gamberra”. Veume de perlas, ó mellor ata consigo abandonar a liña “pena, penita, pena” dos meus últimos relatos. Gustoume especialmente este achado porque recoñezo os personaxes nos que me inspirei. Con un xa non teño trato, e co outro, co noso decano, o que é dicir “trato” nunca tiven moito. Ese si que era un tipo elegante, sempre vestido que parecía que ía de padriño nunha voda. Os seus traxes, todos estupendos e feitos a medida, dábanlle un aspecto de dandy que destacaba moito na nosa estartelada facultade ás 9 da mañá dun día calquera. O mellor pensades que a súa imaxe, un chisco fora de lugar, era o que máis nos chamaba a atención ós alumnos. Non, non era iso. Os seus puntos fortes eran, e supoño que seguirán sendo, a sorna galega e o sentido do humor. É unha desas persoas que non precisan da axuda da vestimenta para sobresaír, vai moi sobrado de intelixencia. Un gran tipo, si señor, un auténtico gentleman.

    En non, eu de gentleman teño a intención pero fáltame case todo o demais. O meu problema é que me gusta chamarlle as cousas polo seu nome e algunhas cousas, xa se sabe, teñen un nome feo, desagradable, noxento. Así van xurdindo as palabras tabú, esas que non se poden nin nomear. De tan feas son hai que lles inventar un sinónimo que consiga paliar a súa carga ofensiva. O sistema é bo, cumpre a perfección o seu cometido, pero a cuestión é que se calo rebento e non sei cal e a palabra politicamente correcta para o cualificativo “cabrona”. Vou mirar o dicionario.

    Cabrón s. m. 1. Macho da cabra. 2. Aplícase como insulto á persoa que a xuízo doutra fai algo con mala intención para enfastiar a outro. 3. Marido ó que a muller lle é infiel, particularmente cando o consente.
    OBS. As acepcións 2 e 3 son de uso vulgar e fan que a palabra sexa mesmo tabú, incluso na primeira acepción. O dicionario, esa fonte inesgotable de sabedoría, deixoume como estaba. Non trae un sinónimo culto do substantivo cabrón, que nin sequera é adxectivo coma eu pensaba. Bueno, pois aí queda iso, o que queira entender que entenda, eu non vou caer na vulgaridade, eu son un aprendiz de gentleman.




RELATO ESCRITO POR: Alvariño
Colaborador habitual de A Lareira Máxica

xoves, 9 de xullo de 2009

** As sardiñas revenidas

Vilaxoán (en Vilagarcía de Arousa) celebra o 17 e 18 de xullo a Festa das Revenidas, que une festival de música galega con tradición, arte e a exaltación gastronómica da sardiña nun so evento. O seu obxectivo é recuperar a celebración da festa das sardiñas revenidas, perdida desde a Guerra Civil e rescatada no 2004. Os seus organizadores catalógana como unha "mestura explosiva entre o bo comer, a mellor música e a satisfacción de ser galegos, tomo remexido e enriquecido cun bo viño e un chisco de licor café".

No apartado musical, este ano contará cos grupos musicais:

* D´Callaos
* Alamedadosoulna
* Os Cuchufellos
* Kogito
* La Kinky Beat
* Lusco Fusco
* Quempallou
* Skarface
* Zulú 9.30
* Picadiscos

Para máis información ésta é súa páxina web da Festa das Revenidas, moi completa e chea de documentación sobre a festa: orixe, historia, guía útil de viaxe, fotos, edicións anteriores e, por suposto, a de 2009. Nunca tiven o pracer de asistir ás Revenidas pero, polo que estiven lendo e polo que me dixo xente que xa foi, merece a pena asistir. Tomo nota. Por certo, a camiseta conmemorativa gústame moito!!



ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

domingo, 5 de xullo de 2009

** 5 ilusións en 5 minutos

Este ilusionista fue retado en Holanda para ver qué podia hacer en 5 minutos. COMO LO HARÁN?????




VÍDEO REMITIDO POR: Jose
Colaborador de A Lareira Máxica