** A Lareira Máxica participa nos Premios 20 Blogs´09
A Lareira Máxica volverá a participar este ano 2009 nos Premios 20 Blogs, organizados polo xornal 20 Minutos. Na edición do ano pasado A Lareira Máxica quedou finalista, sendo segunda na categoría "mellor blog en versión orixinal"(ou sexa, escrito en lingua distinta ó castelán),por detrás do blog catalán En veu alta. En 2009 A.L.M. inscribiuse de novo na categoría de "versión orixinal", así como na de "deseño".
O que desexe votar por A.L.M. ou por calquera outra bitácora debe ter inscrito, cando menos, un blog no concurso de 2009. O periodo de votación empeza hoxe día 13 de xullo e finalizará o 17 de setembro. Se alguén considera, en conciencia, que A Lareira Máxica merece o seu voto, pode clicar no enlace (botón vermello) que figura na columna da dereita e votala. Se non é así, pois que non a vote. O único que pretendo é que a xente coñece aínda máis A.L.M. Ademais os premios tamén permiten descubrir blogs moi interesantes nas diferentes categorías do concurso e persoas que merecen a pena. Iso foi o que máis me gustou da experiencia de 2008.
P.D.: Ougallá que o mellor blog "en versión orixinal" sexa para un blog galego -sexa ou non A Lareira Máxica-, que Galicia ten moi bos blogs e bloggers e xa toca que o premio veña para a nosa terra. Sorte, paisanos!!!
Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica





