luns, 29 de xuño de 2009
venres, 26 de xuño de 2009
** A Torre de Hércules, patrimonio da Humanidade
Esta fin de semana saberemos se, por fin, a Torre de Hércules é declarado patrimonio da Humanidade. ¿Alguén pensa que non sería xusto ese recoñecemento?. Servidor espera que sí llo concedan. Sería unha excelente nova. Por certo, remíteme María Obispo (moitas gracias!!), de Diximedia Digital, este interesante especial que realizaron sobre a torre herculina e a localización dos bens xa declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
ACTUALIZACIÓN 27-06-09: A UNESCO declarou hoxe a Torre de Hércules Patrimonio da Humanidade!!!
Posted by Julio Torres 5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , Colaboracións varias , Educación Cultura e Tradicións , opinión
** You are not alone
For you are not alone
For I am here with you
Though we're far apart
You're always in my heart
Tú no estas solo
porque yo estoy aqui contigo
A pesar de que estamos muy, muy lejos
Tu estarás siempre en mi corazón
ENVIADO POR: Jose
Colaborador de A Lareira Máxica
Posted by Julio Torres 3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , música , sociedade
** O Rei do POP díxonos adeus para sempre
Como xa sabedes, onte pola noite, hora española, morreu o cantante Michael Jackson. Un xenio da música que acuñou un estilo propio de baile. Deu que falar por pasar de ser negro de pel, a ser blanco. O nunca visto. Ademais a súa relación cos nenos foi polémica.
Lémbrome daquel "Thriller" no que a mediados dos anos 80 nos sorprendeu a todos. No videoclip do tema musical aparecen aqueles mortos vivintes ou zombies que inundaban a vida coa súa presencia. Entre eles Michael Jackson impresionaba a todos cos seus pasos de baile e xiros case imposibles. Mítico videoclip, mítica canción, quizás o seu primeiro gran éxito e que chegou a ser número moitas semanas.
Din que a súa infancia foi difícil e que lle esixiu moito a un neno que con tan so 5 anos empezou a cantar xuntos cos seus irmáns no grupo "Jackson Five". Non sei, pero dame que algún trauma sí tivo que ter, o que explicaría a súa relación especial cos nenos. Dá a impresión que quixera recuperar a infancia perdida rodeándose de nenos.
O seu pasamento é unha gran perda para o mundo da música. A morte de Michael Jackson penso que pode ser equiparable a de Elvis, non polas formas, senón polo que ambos representaron e por chegar a ser iconos de dous estilos de música. Elvis, do rock: Michael do pop. Ambos deixaron un gran legado artístico.

Viñetas gráficas feitas por JRMORADescanse en paz Michael Jackson
UN ARTIGO-OPINIÓN ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , Humor e Noticias Curiosas , música , opinión , sociedade , vídeos e xogos






