venres, 1 de maio de 2009

** A Lareira Máxica cumpre ¡¡¡3 anos!!!


A Lareira Máxica está de aniversario. Hai 3 anos destas horas creaba, sen saber moi ben para qué, o blog. Daquela non sabía o que era isto dos blogs. Hoxe sí o sei. E teño claro tódalas cousas boas que me reportou o fundar este blog. Claro que tamén hai cousas menos agradables, froito do esforzo que lle tiven que pór e as horas que tiven que invertir. Como non son ningún experto iso obrigoume a investigar e visitar moitos blogs para aprender a implementar cousas en A Lareira Máxica. É un traballo "invisible", como saben ben os blogueiros. Sen embargo, quédome coas cousas boas que me reportou a bitácora. As útimas: o segundo posto nos Premios 20 blogs 2008, na categoría de mellor blog en versión orixinal (lingua diferente ó castelán), organizado polo xornal 20 Minutos ou os premios simbólicos que outros compañeiros blogueiros me outorgástedes.

Quixera agradecer, de todo corazón, a toda esa xente que visita con maior ou menor frecuencia o blog e, en especial, ós que colaboran nel en forma de artigos que me envían ou comentarios que escriben nos artigos que se publican. Xa o dixen moitas veces: un blog sen lectores ou seguidores sería algo así como un diario persoal que so o lería o que o escribe. Sería como predicar no medio do deserto. A TOD@S: MOITAS GRACIAS. Anímosvos a seguir colaborando con A Lareira Máxica. Envíade artigos ou escribide comentarios, por favor.

Non sei o que durará este blog, pero ougallá que moito tempo. O día que deixe de actualizar, crédeme: o que máis o sentirá será servidor. Iso sí, motivos de peso terán a culpa. Hoxendía, o tempo que invirto na bitácora reduciuse sensiblemente por circunstancias persoais. E é que hai prioridades nesta vida. Loxicamente.

Déixovos este enlace para ver cómo era a A.L.M. en xullo de 2007, un ano e dous meses depois de crearse (ADVERTENCIA: hai imaxes que xa non se poden ver porque desapareceron dos servidores que a aloxaban). Agora xa ten tres anos e, como calquera neno, xa empeza a ir ó colexio. E é que sempre hai moitas cousas por aprender de tódalas persoas que colaboran e que son @s compañeir@s de cole. Sen eles, isto non sería o mesmo. ¡¡Gracias por estar ahí!!

P.D.:
Como sempre, haberá novidades paseniñamente.



JULIO TORRES
Coordinador de A Lareira Máxica

xoves, 30 de abril de 2009

** La Quinta Estación || "Que te quería"

Ás veces para triunfar hai que saír alén das fronteiras para ser recoñecido na túa propia terra. Como no deporte, na música tamén acontece. La Quinta Estación é un grupo musical que tivo que emigrar a Méjico (tristemente tan en boca de todos estes días pola gripe) para triunfar. Hai catro empezou a ser recoñecido e valorado no seu país: España. Temas tan famosos como "El sol no regresa", "Tu peor error" ou "Me muero" acabaron por recoñecer as boas maneiras e o pop fresco e con tintes románticos desta formación. "El cielo se equivoca" foi un álbum plagado de éxitos, que lles deparou moitos premios á formación musical.



Este ano quitaron ó mercado o seu último disco "Sin frenos", do que a canción máis coñecida é, polo de agora, "Que te quería", tema no que insisten nun pop romántico. É curioso a forza e o ritmo que ten esta canción que xira sobre unha ruptura amorosa e os seus lamentos posteriores...Como se pode facer de algo teóricamente negativo algo positivo para seguir adiante e buscar un novo amor que de verdad te saiba valorar. Como outros éxitos do grupo, encántame esta canción, tanto a letra como a música. E é moi pegadiza.



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica....Humanos....


" O home é o único animal que bebe sen ter sede, come sen ter fame e fala sen ter nada que dicir "



ANÓNIMO

** So falta....1 DÍA...para o acontecemento

Mañán será o día. A estas alturas se sodes seguidores habituais do blog saberedes que pasa mañán. É doado. Non é algo que sexa noticia de alcance, importante nin trascendental. Non vai a afectar á crise o que pase mañán. Nin para ben nin para mal. Pero será algo moi...especial. Esa é a palabra...E mereceu a pena dure o que dure...