** A Lareira Máxica cumpre ¡¡¡3 anos!!!
A Lareira Máxica está de aniversario. Hai 3 anos destas horas creaba, sen saber moi ben para qué, o blog. Daquela non sabía o que era isto dos blogs. Hoxe sí o sei. E teño claro tódalas cousas boas que me reportou o fundar este blog. Claro que tamén hai cousas menos agradables, froito do esforzo que lle tiven que pór e as horas que tiven que invertir. Como non son ningún experto iso obrigoume a investigar e visitar moitos blogs para aprender a implementar cousas en A Lareira Máxica. É un traballo "invisible", como saben ben os blogueiros. Sen embargo, quédome coas cousas boas que me reportou a bitácora. As útimas: o segundo posto nos Premios 20 blogs 2008, na categoría de mellor blog en versión orixinal (lingua diferente ó castelán), organizado polo xornal 20 Minutos ou os premios simbólicos que outros compañeiros blogueiros me outorgástedes.
Quixera agradecer, de todo corazón, a toda esa xente que visita con maior ou menor frecuencia o blog e, en especial, ós que colaboran nel en forma de artigos que me envían ou comentarios que escriben nos artigos que se publican. Xa o dixen moitas veces: un blog sen lectores ou seguidores sería algo así como un diario persoal que so o lería o que o escribe. Sería como predicar no medio do deserto. A TOD@S: MOITAS GRACIAS. Anímosvos a seguir colaborando con A Lareira Máxica. Envíade artigos ou escribide comentarios, por favor.
Non sei o que durará este blog, pero ougallá que moito tempo. O día que deixe de actualizar, crédeme: o que máis o sentirá será servidor. Iso sí, motivos de peso terán a culpa. Hoxendía, o tempo que invirto na bitácora reduciuse sensiblemente por circunstancias persoais. E é que hai prioridades nesta vida. Loxicamente.
Déixovos este enlace para ver cómo era a A.L.M. en xullo de 2007, un ano e dous meses depois de crearse (ADVERTENCIA: hai imaxes que xa non se poden ver porque desapareceron dos servidores que a aloxaban). Agora xa ten tres anos e, como calquera neno, xa empeza a ir ó colexio. E é que sempre hai moitas cousas por aprender de tódalas persoas que colaboran e que son @s compañeir@s de cole. Sen eles, isto non sería o mesmo. ¡¡Gracias por estar ahí!!
P.D.: Como sempre, haberá novidades paseniñamente.
JULIO TORRES
Coordinador de A Lareira Máxica




