martes, 7 de abril de 2009
** Domingo día 5 de abril, unha data especial....
Esta última semana estiven enfermo polo que non puiden atender A Lareira Máxica como quixera. Tanto cambio de tempo tiña que pasar factura... Contaba un servidor ter publicado varias cousas. Tampouco as puiden deixar programadas para publicarse automaticamente chegada a data sinalada porque o touro envistiu a traición. Bueno, ó gran: unha dos artigos que quixera ter publicado era un moi especial, adicado a unha gran persoa, amiga e colaboradora deste blog de nome MARIAM que o pasado domingo estivo de cumpreanos. Aínda que sexa por retrasado,FELICIDADES MARIAM!!!!. Aproveito para agradecerche unha vez máis, a túa valiosa e inestimable aportación, ó igual que a de tódolos colaboradores (non regalo eloxios gratuítos, non vaiades pensar, gústame acordarme d@s que merecen ser). Algúns, por desgracia, xa hai tempo que non sabemos nade deles, aínda que estou seguro que calquera día nos voltarán a agasallar coa súa presencia. Estoume acordando por exemplo de Alvariño e dos seus relatos da vida cotián de corte tan tan....Alvariño. Xa hai máis xente que me ten preguntado, en concreto, por el. Espero que nada malo lle tivera acontecido. Toquemos madeira.
Pero este primeiro post do mes de abril vai ADICADO, especialmente, a Mariam unha das colaboradoras máis activas de A Lareira Máxica, desde que foi creado un 1 de maio de 2006. Cómo pasa o tempo!!!
Posted by Julio Torres 5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS a lareira máxica
martes, 31 de marzo de 2009
** En busca da "tuerca" perdida
A xente está decididamente tola. Sí, xa o dicía aquela película titulada "El mundo está loco, loco, loco". Por se había algunha dúbida ó respecto, María envíame este enlace dunha nova publicada nun xornal que recolle unha proba máis de que a cousa, lonxe de mellorar, vai a peor. E por riba parece que non se albisca o fondo... Xa case non me estraña nada do que leo, vexo e escoito, e digo case porque sempre hai algo que non deixa de soprenderte nesta vida, a pesar de todo. Ougallá sempre fora por cousas boas, pero sexamos realistas...Non é así.
ENLACE DE NOVA REMITIDO POR: María
Colaboradora de A Lareira Máxica
OPINIÓN FEITA POR: Julio Torres
Posted by Julio Torres 3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , colaboracións MARÍA , opinión (artigos alleos) , sociedade
** A Frase Máxica....Destino?? by William Jennings
" O destino non é cuestión da casualidade, senón de eleccións. Non é algo que hai que esperar, senón algo que hai que perseguir "
William Jennings Bryan
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS frases máxicas




