luns, 30 de marzo de 2009

** Que rabia da cando...!!! Folletos invasores

Que rabia da cando...!!! Cando chegas ó teu coche e, sorpresa sorpresa, atópastes con que o teu parabrisas foi pai. As súas transformadas en escobillas que case todo o limpan, refuxian no seu interior un vástago postizo de nome folleto, e de apelido: publicitario. A nai do fillo deixouno, como a outros, a cambio dunha paga monetaria...

Cando esta práctica do folleteo publicitario é frecuente un acaba por afartarse. Pasa outra cousa: que as veces daste de conta e retíralos, pero outras veces xa cando estás dentro do coche, co cinto posto, encendeste o motor e puxestes a primeira e vas arrancar, albiscas polo retrovisor un folleto asasino na luna traseira do vehículo.. Brrrr!! (sobre todo se chove). Ante isto último cómpre ter coidado, hai moito amigo do alleo que o fai a propósito para que cando te levantas a retiralo, aproveitar para levarche o coche, tendo en conta que as chaves están dentro e o conductor na súa parte traseira. A min, afortundadamente, nunca me pasou, pero teño recibido correos advertíndome desta técnica ladronil. Coidado. Mellor apagar o coche, coller as chaves e apearse do vehículo, ou marchar facendo publicidade e, máis tarde, retirar a publicidade "gratuita" da plataforma do teu coche.

¿E ti non tés ningunha cousa que che dé rabia? Desafógate en A Lareira Máxica. Envía o teu texto e queixa ó mail de alareiramaxica[arroba]gmail.com (no lugar de [arroba] poñer @). Gracias.



QUE RABIA DA CANDO...!!! FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica....Ilusión.. by Jaloux

" So as ilusións nos axudan a vivir. Un home que soubese toca a verdade, debería sentarse ó borde dun camiño e chorar ata a morte "



Edmond Jaloux

sábado, 28 de marzo de 2009

** Algo máis que publicidade televisiva...

Lembrar un anuncio é algo que buscan os publicistas. Cando o humor é un ingrediente base a memoria tende a aliarse co seu recordo. Preparádevos a ver case oito minutos de anuncios publicitarios simpáticos. Vede e escoitade. Non fai falta saber idiomas para entendelos e rirse, que sempre é bo. Xa me contaredes con cal ou cales vos quedades. A elección non será sinxela...


xoves, 26 de marzo de 2009

** Ser inhumano e facer espectáculo dos sentimentos

Que nesta vida hai xente boa e xente mala é, por suposto, unha obviedade. Outras persoas, sinxelamente, non son persoas. Este termo venlles grande. Nin tan sequera se poden clasificar como malas, porque incluso rompen os esquemas da maldade. É o caso do/s presuntos asesinos de Marta del Castillo. A maneira en que están xogando coa dor dunha familia que so busca o cadaleito da súa filla de 17 anos para poder darlle sepultura é algo inhumano. Se primeiro a tiraron ó río, que logo ó lixo, dentro duns días a saber onde di que a botaron. NON HAI DEREITO A SER ASÍ DE CRUEL E INHUMANO. Iso non é ser persoa. Non sei como podería ser xurídicamente unha condena sen atopar o cadaleito de Marta, ou se, como parece, ó non haber probas, podería ser posto en liberdade. Se é así, algo falla no sistema xudicial. En realidade fallar xa fallan moitas cousas, pero isto sería un erro máis a sumar, coa agravante da perversidade. ¿Crimes impunes?. Incluso se aparece o corpo sen vida de Marta e hai condena polo homicidio, ¿cantos anos pode cumprir na cadea o/s seu/s asesino/s? A eterna pregunta: ¿canto vale unha vida humana? E tantas outras que a tod@s se nos poden pasar polas nosas mentes.

Non sei, agora o primeiro que se me ocurre é acabar con esta frialdade do/s presunto/s asesinos e colaboradores. A familia de Marta xa ten moita dor encima como por riba andar xogando con ela.

Remato cunha petición: que non se convirta a morte dun ser humano nun circo televisivo. E xa se entende o que quero dicir. Programas que fan dun sufrimento un espectáculo televisivo con tal de captar audiencias. E que incluso poden pagar a xente para que contribúa a este circo mediático. POR FAVOR, ¿para cando un verdadeiro código ético televisivo? ¿Por qué se insiste en temas como os dereitos de autor archicoñecidos e se é tan permisivo coas televisións e o bombardeo sensacionalista e carroñeiro -incluso a calquera hora- POR FAVOR UN CÓDIGO ÉTICO DUNHA VEZ. O fin non xustifica os medios.

Aínda me acordo cando no verán, ó día seguinte do accidente aéreo en Barajas, un programa de Telecinco enviou a unha "reporteira" no avión que cubría o mesmo destino ó día seguinte e á mesma hora. ¿De que vamos?

RESPETO E HUMANIDADE POR FAVOR!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!



UN ARTIGO-OPINIÓN ELABORADA POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica