mércores, 29 de outubro de 2008

<> Con Humor sempre se leva mellor o mal tempo...




<> A Frase Máxica..... ¿ Educación vs clases ?


" Onde hai educación non hai distinción de clases ”



Confucio

domingo, 26 de outubro de 2008

<> ¿Alguén ten cambio? E que non levo solto...¿Ou sí?

Parece mentira o rápido que algo ó que estivemos habituados durante moitos anos pasa a ser unha reliquia pero sen ningún valor, agás o que nós lle queiramos otorgar. ¿De que falo? Bueno, máis que falalo vouno ensinar. Entre tod@s xa nos encargaremos de comentalo. So engado que a nostalxia apoderouse de min intres antes de empezar a redactar este artigo da sección de A Máquina do Tempo e que os nen@s de, aproximadamente, menos de 11 anos, non se lembraran de algo que nunca chegaron a aprender. Hoxe so pensan no que hai, non no que houbo hai tempo. Quizás algún día, sexamos nós os que lles contemos esta batalliña ós nos@s net@s...Quizás algún día...

AVISO: Foron tod@s @s que están, pero non están tod@s @s que foron...
...¡¡Canto valor solto e canto traballo pasei ó subir todo isto!! Espero que vos guste.





UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

sábado, 25 de outubro de 2008

<> Nesta madrugada atrásase a hora


Non vos olvidedes que hoxe cambia a hora: ás 3 da mañán da madrugada do sábado ó domingo voltarán a ser as 2 da mañán. Particularmente, como xa dixen noutras ocasións, non me gusta este horario de inverno porque fai que os días sexan máis pequenos en canto a sol, xa que anoitece antes. O único bo é que o primeiro día ten unha hora máis, tendo 25. Prefiro o horario de verán,o que remata hoxe, porque se fai de noite máis tarde (aínda que o primeiro día, polo feito de adiantar a hora en marzo se reduzan a so 23).

¿Qué pensades dos adiantos/atrasos da hora en octubre/marzo, respectivamente? ¿Cal horario preferides: o de inverno(o de mañán) ou o de inverno(o actual)?