<> Premios 20 Blogs: So masivo intercambio de votos
¿Cómo vai A Lareira Máxica nos Premios 20 Blogs? Paso a informar. Lembrade que participa en:
- Mellor diseño de blog: Pois o diseño non debe gustar porque teño 0 puntos (hummm a partir de agora máis me vale non lle dar importancia o diseño, total para o que vale despois...)
- Mellor blog en versión orixinal (ou sexa nunha lengua distinta do castelán): vai a día 24 de octubre en 9ª posición e contabiliza 4 votos. O Ránking é o seguinte nesta categoría (participan 6o blogs):
Posición Blog Votos
1- En veu alta 19 votos
2- A Botica da Expresión 9 votos
2- Verbas ceibes 9 votos
4- Aprender Ingles Online 8 votos
4- lovecooking 8 votos
6- CINEMA FRIKI 6 votos
7- AixòToca 5 votos
7- Des de Maragu 5 votos
9- A Lareira Máxica 4 votos
9- COLLONADES 4 votos
9- Cuina, cuina, cuina 4 votos
9- Learn English Online 4 votos
9- L´home que no sabia riure 4 votos
Non está nada mal, aínda que polo que vexo non se premia a calidade do blog senón o amiguismo. ¿Por qué? Pois porque hai blogs ben situados que non son nada do outro mundo e outros peor situados que son moito mellores. Polo tanto, as votacións seguen a tendencia do que a está a pasar no resto de categorías destes premios. Senón comprobádeo por vós mesmos.
Tamén me chama a atención no apartado de mellor blog orixinal a bitácora: "Aprender Inglés online", que está escrita totalmente en....castelán!!!!! Carai, cómo gañe o premio ó mellor blog en versión orixinal...Pero non é todo: o mesmo autor inscribiu outro blog idéntico pero en ingñés "Learn english online". Este sí que está en versión orixinal, pero ¿por qué 2 blogs idénticos, agás na linguaxe na mesma categoría? Pois fácil porque o ter un blog inscrito supón que poidas votar unha vez en cada categoría -menos ó teu propio blog-, pero claro: se tés 2, pois un vota ó outro... GRAVE ERRO QUE OS ORGANIZADORES NON SE DERON CONTA O DE DUPLICAR UN BLOG NUNHA MESMA CATEGORÍA SEN SER UN DELES EN LINGUA ORIXINAL. PARÉCEME UNHA TOMADURA DE PELO.
Outro erro dos organizadores é dar a coñecer as votacións día a día. Penso que iso favorece ós blogs máis coñecidos e votados en detrimento doutros menos coñecidos ou votados pero moito mellores. Deberían ser os propios organizadores os que escolleran os mellores blogs e,si acaso, dar so un premio ó mellor blog e que fose elixido entre os propios participantes.
En fin, que a miña intención era dar a coñecer máis ALM e gañar máis visitas ó blog. Confío en conseguilo. O de gañar un premio (danche simpremente un diploma acreditativo)nin en soños. Nin é o mellor blog da categoría nin o peor. É un blog máis.
INSISTO: Polo xeral, non se premia a calidade dun blog senón o intercambio de votos e o amiguismo. Mal asunto todo isto se se lle quere dar relevancia a uns Premios. Os organizadores saberán...
Por certo, as votacións dos Premios 20 Blogs rematan o día 2 de novembro. Firmaría con estar entre os 10 primeiros. Non estaría nada mal.
UNHA OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica



