luns, 1 de setembro de 2008

** Microsoft merca a coñecida web "Ciao"

O xigante Microsoft acaba de comprar o portal de Ciao.com(que tedes, por certo, nos enlaces da columna esquerda de A.L.M. no apartado de consumo). Ciao é famoso polos comentarios das persoas sobre productos que mercaron e porque esta web tamén ofrece comparación de precios deses productos ou de accesorios relacionados.

Persoalmente considero negativo todo o que cheire a monopolio ou todo que tenda a favorecelo mediante procesos de compra, absorción ou concentracións estratéxicas de empresas. Son un firme defensor da competitividade porque con ela se protexe ó consumidor contra os precios abusivos.

Agardo que esta compra por parte de Microsoft non supoña unha merma na utilidade pública que atesoura ata o de agora Ciao. Os cambios nunca se saben que poden deparar para ben ou para mal...



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** Con humor lévase mellor...Un verán de estreno

Luns 1 de setembro. O humor sempre é importante para empezar a semana e máis se eres unha das persoas que este luns luns voltou ó traballo tralas vacacións (servidor collerá nuns días vacacións, por certo). Ademais seica din que 5 minutos de carcajadas equivalen a 45 de exercicio físico pois haberá que poñelo en proba. Nada se perde. Agardo que o seguinte vídeo vos axude a levalo mellor...Por certo que garda relación co verán, pero non co de 2008...

** A Frase Máxica....Moralexa chinesa


" Incluso o sabio pode sentarse nun formigueiro, pero so o necio se queda sentado nel "



Proverbio Chinés

venres, 29 de agosto de 2008

** O verán rematou. Setembro: novas ilusións

O verán toca ó seu fin. Por esta época acostuma a escoitarse aquel clásico do Dúo Dinámico; "El final del verano", aquela mesma canción que serviu de despedida a aqueles turistas que foron visitar o pobo de Nerja (Málaga) un verán azul de principios dos 80.

Namentres escribo estas líneas(venres pola noite), os tronos fan acto de presencia e serven de banda sonora de fondo. Cruzo os dedos e agardo que non fagan das súas. Unha vez uns primo-irmáns destes lóstregos foron algo rabudos e quixeron investigar que había dentro do meu pc. A experiencia custoume ter que levar o ordenador a boxes...

Pois ó que ía, o verán remata. É nótase porque xa hai uns días que as campañas da volta ó cole e as dichosas coleccións de todo aquilo habido e por haber se anuncian a bombo e platillo (por certo: ¿alguén chegou a iniciar e completar algunha destas maravillosas coleccións. Servidor non completou ningunha, é máis ninguha vez pasei da primeira entrega, nalgunha que acabei picando. As cousas que fai o márketing...)

Setembro para min suporá, paradoxicamente, coller vacacións no traballo. E significará decir adeus a varias cousas e proxectos e darlle a benvida a outros ilusionantes. Nesta vida hai que priorizar necesidades. A Lareira Máxica seguirá alumeando na blogosfera, con menor periodicidade mal que me pese, iso si. Cando menos tentarei actualizar unha vez á semana. Tranquilos que non vai pechar. Iso é o último. Sería como enterrar a un fill@.

Setembro tamén trae a tranquilidade a Sanxenxo, no sentido de que os miles e miles de visitantes que inundan literalemente este pequeno pobo de 17.000 habitantes empadroados, se van. As rúas recobran a tranquilidade e as colas nas carreteras, nos supermercados,etc,etc. tamén se esfuman e din adeus ata a Semana Santa. O bonito, o realmente maravilloso e a paz dun pobo mariñeiro, que ten o mar e o monte a uns pasos. Pero cando todo se masifica o encanto evapórase. Polo menos para éste blogueiro.

Noutros lares, como a televisión, voltan os rostros máis coñecidos e debutan as fichaxes, retornan as series e programas estrela e todo volta a rutina rota nos meses estivais (mágoa que o telelixo non colla vacacións eternas). Ah, por suposto, volta o fútbol: hala barça e hala celta!!!

Agora pregúntovos a vós sobre o final do verán e a chegada de setembro: ¿como o afrontades e que opinión vos merece esta época do ano?

Déixovos cun vídeo-recordo musical e televisivo a un tempo. Triste, moi triste, pero real como a vida mesma. As veces as despedidas son para sempre, outras so son un ata logo. A propósito: ¡¡ Cómo pasan os anos...!! Isto lémbrame que vai voltar pasar outro máis dentro duns días. Xa podían pasar máis despacio...




UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica