sábado, 26 de xullo de 2008

** Torneo de rugby na Praia de Montalvo (Sanxenxo)

Foto: Julio Torres. Preme na imaxe para vela máis grande

A praia de Montalvo, en Sanxenxo, foi escenario un ano máis do torneo de rugby que congregou hoxe a un gran número de aficionados a este deporte durante todo o día. A min non é que me guste o rugby, pero nun dos equipos (no dos Pementos) xogaba Pablo -Patxi-, un amigo meu ourensano, polo que foi máis a disculpa de ir velo e falar con el -o cal sempre é algo grato- que de presenciar o torneo.

Xa postos, dicir que a final de ouro disputárona os equipos de Camelias (equipación vermella) fronte ós Pementos (equipación verde), vencendo os primeiros. O deporte é duro e de contacto total.pero, ó final, reina a deportividade e o compañeirismo. Isto último sempre é unha boa nova.

Así mesmo houbo torneo feminino. Estivo reñido. "Menudas" eran elas no campo...Gran forza física a despregada(e tamén de constitución forte, ó igual que os homes). Como para levarlles a contraria a estas mulleres...Pobre de quen...Por suposto, sempre é grato que sexa un deporte aberto tanto a homes como a mulleres. Soprendeume gratamente.

---> Máis información en http://rugbypraiaviladesanxenxo.blogspot.es/



UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

venres, 25 de xullo de 2008

** Ragdog: Boa música desde o concello de Nigrán

Este novo grupo é de Nigrán (Pontevedra). Parece que Galicia volta a ser cuna de novos grupos talentosos. Outro dos exemplos foi hai un par de anos Qatro (formación de Pontevedra). Moitos éxitos e ougallá sigan aparecendo -e se continúe apostando por eles- novos grupos galegos. No caso de Ragdog unha multinacional da música ven de apostar por eles. Grata nova.

O vídeo seguinte é de Ragdog e titúlase "Nada más". Gústame moito. Noraboa rapaces!


mércores, 23 de xullo de 2008

** 1 viñeta vale máis que unha morea de palabras




UNHA VIÑETA GRÁFICA ENVIADA POR: mariam
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

sábado, 19 de xullo de 2008

** ¿Os cartos compran a honestidade?

Hai determinadas palabras que corren serio peligro de extinción. Non é broma. Dígoo en serio. Ás veces por hipocresía, vanidade ou egocentrismo presúmese de posuíla cando lle falta a raudales. Estoume referindo a HONESTIDADE.

Coñezo a poucas persoas honestas de verdade. Moitas dicen selo e é mentira. Véndense polos cartos, incluso sen precisalos, en canto poden. Tod@s nos temos levado decepcións neste senso. ¿Ou acaso non?.

Unha das grandes virtudes dunha persoa é ser honesta, coherente consigo mismo, decente, que non se traiciona a sí mesma ou ós que lle rodean. Son moit@s ós que se enchen a boca alardeando que son honest@s. Como diría un famoso dito: "Dime de lo que presumes y te diré de lo que careces".

Non me gusta nada esa xente que dice ser honesta sen selo. Non. Tendo a arredar a esas persoas do meu entorno. Non son persoas dignas de confianza. E un bo amigo ou amiga se, en verdade o é, debe ser digno da nosa confianza.

Este post ven a raíz dunha conversa que mantiña estes días cunha moi boa amiga. Unha persoa honesta, como poucas. Unha persoa que vai de fronte, que non te engaña, que é fiel ós seus principios e que non se deixa comprar por nada. Que non ten pelos na lingua. Que di o que pensa, e que, ante todo, é coherente consigo mesma e coas súas accións. Debatiamos sobre o tema ela e máis un servidor. Os dous coincidimos que a honestidade hoxendía sona case a utopía porque a honestidade, un valor tan apreciado noutros tempos, hoxe está en perigo de extinción. E moita culpa téñena os cartos.

Hai uns meses Nacho de la Fuente, no seu blog La Huella Digital, preguntábase
"¿Compensa ser honrado?" . Á par, ese gran mago da reflexión, Guillermo Pardo, recollía na bitácora Migramundo a luba tendida polo seu compañeiro de profesión e titulaba "Honrados en la selva". A resposta á pregunta de Nacho non é nada sinxela, porque entran moitas casuísticas persoais e familiares que conlevan necesidades económica reais -e non de enriquecemento- que todos podemos entender. Con todo, servidor respostaría que sí. Polo menos desde o punto de vista humano e espiritual sempre compensa. Fai ter a conciencia tranquila, e conleva unha gran paz interior, outr@s non poden dicir o mesmo... Alá eles/as coa súa conciencia.

Un dos obxectivos deste blog é que sexa un lugar de reflexión de moitos temas, porque a reflexión, como a honestidade, estase perdendo. É iso fai que sexamos monigotes en mans alleas. Debemos aprender a pensar por si mesmos, e non a deixarnos levar ou comprar ás primeiras de cambio...

¿E vos que pensado da honestidade ou da honradez?



UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica