** ¿Os cartos compran a honestidade?
Hai determinadas palabras que corren serio peligro de extinción. Non é broma. Dígoo en serio. Ás veces por hipocresía, vanidade ou egocentrismo presúmese de posuíla cando lle falta a raudales. Estoume referindo a HONESTIDADE.
Coñezo a poucas persoas honestas de verdade. Moitas dicen selo e é mentira. Véndense polos cartos, incluso sen precisalos, en canto poden. Tod@s nos temos levado decepcións neste senso. ¿Ou acaso non?.
Unha das grandes virtudes dunha persoa é ser honesta, coherente consigo mismo, decente, que non se traiciona a sí mesma ou ós que lle rodean. Son moit@s ós que se enchen a boca alardeando que son honest@s. Como diría un famoso dito: "Dime de lo que presumes y te diré de lo que careces".
Non me gusta nada esa xente que dice ser honesta sen selo. Non. Tendo a arredar a esas persoas do meu entorno. Non son persoas dignas de confianza. E un bo amigo ou amiga se, en verdade o é, debe ser digno da nosa confianza.
Este post ven a raíz dunha conversa que mantiña estes días cunha moi boa amiga. Unha persoa honesta, como poucas. Unha persoa que vai de fronte, que non te engaña, que é fiel ós seus principios e que non se deixa comprar por nada. Que non ten pelos na lingua. Que di o que pensa, e que, ante todo, é coherente consigo mesma e coas súas accións. Debatiamos sobre o tema ela e máis un servidor. Os dous coincidimos que a honestidade hoxendía sona case a utopía porque a honestidade, un valor tan apreciado noutros tempos, hoxe está en perigo de extinción. E moita culpa téñena os cartos.
Hai uns meses Nacho de la Fuente, no seu blog La Huella Digital, preguntábase
"¿Compensa ser honrado?" . Á par, ese gran mago da reflexión, Guillermo Pardo, recollía na bitácora Migramundo a luba tendida polo seu compañeiro de profesión e titulaba "Honrados en la selva". A resposta á pregunta de Nacho non é nada sinxela, porque entran moitas casuísticas persoais e familiares que conlevan necesidades económica reais -e non de enriquecemento- que todos podemos entender. Con todo, servidor respostaría que sí. Polo menos desde o punto de vista humano e espiritual sempre compensa. Fai ter a conciencia tranquila, e conleva unha gran paz interior, outr@s non poden dicir o mesmo... Alá eles/as coa súa conciencia.
Un dos obxectivos deste blog é que sexa un lugar de reflexión de moitos temas, porque a reflexión, como a honestidade, estase perdendo. É iso fai que sexamos monigotes en mans alleas. Debemos aprender a pensar por si mesmos, e non a deixarnos levar ou comprar ás primeiras de cambio...
¿E vos que pensado da honestidade ou da honradez?
UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica






