sábado, 21 de xuño de 2008

** A Frase Máxica.....ás de amig@

" @s amig@s son anxos que nos erguen sobre os nosos pés, cando as nosas ás teñen problemas para lembrar cómo voar "



(Anónimo)

luns, 16 de xuño de 2008

** Atención: é posible que nos cobren por recibir chamadas

Primeiro dinnos desde Europa que queren poñer en 65 horas semanais a xornada laboral. Unha clara involución, "moi acorde" coas medidas de lexislación en favor da conciliación da vida familiar e laboral.

Agora unha comisaria europea de telecomunicacións afirma que é posible que as operadores de móviles nos cobren en moi pouco tempo por.....RECIBIR CHAMADAS. A ela non lle parecería mal...

Todo iso unido á alza dos carburantes e das hipotecas....Vaiche boa, Vilaboa!!!

Claramente son medidas involutivas. Isto cheira a folga xeral das gordas gordas a nivel europeo de seguir así. E é que a galiña dos ovos de ouro vai acabar explotando. Namentres as empresas petroleiras, as inmobiliarias, os bancos e as compañías de telecomunicacións non fan máis que obter máis e máis beneficios, en especial as petroleiras...

¿Que vos parece a vós todo isto? A Lareira Máxica quere saber a vosa opinión. Por favor, opina!!!

Ah, canto ó móvil, se cobran por recibir chamadas, servidor prefire retroceder 10 anos no tempo e quedarse sen teléfono. A saúde agradeceríao, sobre todo logo de coñecer esta fin de semana que novos estudios científicos afirman que o uso de móbiles podería incrementar as posibilidades de ter cáncer.



UN ARTIGO-OPINIÓN ELABORADA POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

.................................................................................................................................

A Lareira Máxica: "...Se Isaac Newton levantase a cabeza..."

** A Frase Máxica de.....Félix Soria. Canta razón ten!!


" Satanizar, endiosar y creer es más cómodo y rentable que analizar, contextualizar y dudar "



Félix Soria, xornalista e editor do blog Im-pulso

sábado, 14 de xuño de 2008

** ¿Unha Eurocopa co mesmo guión español?

No segundo partido da Eurocopa de Suiza e Austria, España voltou a gañar. Se no primeiro encontro gañou por goleada a Rusia, desta vez os xogadores de Luis Aragonés sudaron o seu para impoñerse por 2 a 1 a Suecia. Os goles De España foron obra de Fernando Torres e de David Villa (este anotou no desconto un soberbio gol).

A min o partido non me gustou. España da a impresión de saber xogar se a deixan xogar pero de afogarse cando se pechan atrás e presionan ós seus atacantes. Doutro lado, estase a repetir o guión do Mundial de 2006: gañan o primeiro partido, fan o propio no segundo, xogan un terceiro intrascendente que tampouco perden, pero no primeiro cruce sucumben. Daquela foi en octavos e desta creo que vai a ser en cuartos (porque non hai octavos) e penso que, incluso, o cruce vai ser o mesmo: Francia. Ata o de agora o guión cumpriuse, esperemos que a partir de agora se rectifique para mellor e cheguemos, cando menos, ás semifinais.

Oxalá, por suposto, que me trabuque, pero a experiencia histórica dos últimos anos apunta todo o contrario.... ¿Vos ata onde credes que vai chegar España? ¿Con quen quedará elminada? ¿Opcións de gañar?

Unha anécdota curiosa: O estadio destilaba color a España, pois o vermello (dos afeccionados españois) e o amarelo (dos de Suecia) parecía un mosaico da bandeira española. Unha coincidencia...



UN ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica