** Atención: é posible que nos cobren por recibir chamadas
Primeiro dinnos desde Europa que queren poñer en 65 horas semanais a xornada laboral. Unha clara involución, "moi acorde" coas medidas de lexislación en favor da conciliación da vida familiar e laboral.
Agora unha comisaria europea de telecomunicacións afirma que é posible que as operadores de móviles nos cobren en moi pouco tempo por.....RECIBIR CHAMADAS. A ela non lle parecería mal...
Todo iso unido á alza dos carburantes e das hipotecas....Vaiche boa, Vilaboa!!!
Claramente son medidas involutivas. Isto cheira a folga xeral das gordas gordas a nivel europeo de seguir así. E é que a galiña dos ovos de ouro vai acabar explotando. Namentres as empresas petroleiras, as inmobiliarias, os bancos e as compañías de telecomunicacións non fan máis que obter máis e máis beneficios, en especial as petroleiras...
¿Que vos parece a vós todo isto? A Lareira Máxica quere saber a vosa opinión. Por favor, opina!!!
Ah, canto ó móvil, se cobran por recibir chamadas, servidor prefire retroceder 10 anos no tempo e quedarse sen teléfono. A saúde agradeceríao, sobre todo logo de coñecer esta fin de semana que novos estudios científicos afirman que o uso de móbiles podería incrementar as posibilidades de ter cáncer.
UN ARTIGO-OPINIÓN ELABORADA POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
.................................................................................................................................
A Lareira Máxica: "...Se Isaac Newton levantase a cabeza..."






