luns, 28 de abril de 2008

** Quedan 3 días... (E non é para a ponte de maio)

** A Frase Máxica...Guillermo Pardo: O SALARIO

"Nen sequera o salario é xa unha bolsa de sal, senón o precio do noso tempo"



Guillermo Pardo e xornalista, amais de editor do blog Migramundo

xoves, 24 de abril de 2008

** O CQC arxentino búrlase de Serafín Zubiri por ser cego

Incrible pero certo. O prestixioso programa CQC "Caiga quien Caiga" de Arxentina (que foi o primeiro en aparecer, logo exportouse a outros países entre os que figura España) burlouse recentemente da cegueira do cantante español Serafín Zubiri. INAUDITO.

Tal burla non pode senón deixar en evidencia e mal parados ós seus burladores. E di moi pouco deles como persoas. MAIS BAIXO NON SE PODE CAER.

Quizás habería que lembrarlle a estes burladores insensibles as dificultades que entrana ser cego. E de paso, lembrarlle que, a pesar diso, a coraxe de ferro e a gran vontade de Serafín levouno a escalar algunha montaña, a bailar ou cantar. De feito, representou a España dúas veces no Festival de Eurovisión.

INSISTO: Quixera ver ós que se burlan de Serafín, a ver se logo se burlarían. Vamos, o primeiro que debería facer a productora (¿Cuatro Bocas? creo que se chama así)sería despedir a estes burladores (presentadores, guionistas ou tod@s os que participaron desta burla inhumana) ESTUPIDOS, INSENSIBLES E MALEDUCADOS, POR NON POÑER CALIFICATIVOS PEROES....A ESTES SUXEITOS, cunha boca que fai por catro, O CALIFICATIVO DE PERSOAS VAILLES GRANDE....

Menos mal que a versión española de CQC non copiou este mal estilo do programa-raíz arxentino. So faltaría....

No seguinte vídeo explícase a situación e Serafín Zubiri aporta a súa opinión.





UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica......Truman Capote


" A disciplina é a parte máis importante do éxito"



(Truman Capote)