** Uns bombóns para tódolos visitantes de A Lareira Máxica
Hoxe, 12 de abril, un servidor está de santo (de día santo, quen, por desgracia, parece que non é moi coñecido. E especifico o de día, porque para o mes de Julio estarei de mes santo) e quere celebralo invitándovos a uns bombóns virtuais. Agardo que vos gusten moito. Iso si, non abusar que logo....
A entrada número 700 deste blog, tamén vai dirixida a informar sobre A Lareira Máxica -que o 1 de maio cumprirá 2 anos de vida-. Fixen algúns reaxustes. O contador xeral -de cor azul- pasa ó principio da columna dereita, namentres que o contador das visitas por países que ata agora estaba ó principio da columna esquerda, xúntase cos demais contadores pormenorizados ó final da columna dereita. Asemade desde hai uns días, ó principio do blog iravos saíndo unha frase máxica de xeito aleatorio cada vez que se carga a páxina. Deste xeito, a columna da esquerda resérvase exclusivamente para a hora, o calendario, o santoral, o tempo e enlaces de webs e blogs, namentres que traductores, feeds, música online (reproductor de IMEEN que acumula máis de 500 cancións, así como emisoras de radio online), autoría do blog, e-mail, libro de visitas, pos-its, opción de páxina de inicio de A.L.M., últimos comentarios e top de comentaristas, buscador interno, artigos publicados, fotos, vídeos,xogos, contadores de visitas.
No lado de despedidas, está a do chat de A Lareira Máxica, que nos veu acompañando desde hai bastantes meses, e que non acadou o uso esperado. Non descarto reincoporalo nun futuro. Como sempre, dependerá de vós.
Aproveito para lembrarvos que as vosas suxerencias sobre o diseño e o contido do blog serán benvidas e tidas en conta.
Carpe Diem






