mércores, 2 de abril de 2008
luns, 31 de marzo de 2008
** Máis enlaces ou links en A Lareira Máxica
Desde hoxe A Lareira Máxica posúe máis enlaces na sidebar esquerda. Os links de Servicios Sociais increméntanse e estructúranse mellor. Damos así resposta a unha petición vosa. Aproveitamos para lembrar que se vedes algún enlaces roto ou caído nolo comuniquedes. O mesmo se coidades que falta algún que credes convinte pólo.
Posted by Patricia Loureiro 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS a lareira máxica
** De fóra virán.....
Manda truco. Parece mentira que un xornal galego teña que recorrer a un colaborador estranxeiro. Non será porque na Galicia sobran políticos ou xente cualificada en moitos ámbitos coma para ter que acudir fóra a "fichar" a George w. Bush. Non sei se é unha decisión acertada a de fichalo. De márketing máis ben. O medio que tivo tan boa ocorrencia foi Xornal.com. Incluso poñen foto del para despistados. Respeto a decisión deste xornal dixital pero para nada a comparto, sobor de todo porque, por riba, é un medio de comunicación galego. O mesmo pensaría se en vez de ser político tivese calquera outra profesión. Non é un tema político o obxecto do artigo. O que quero subliñar é que teñamos que saír fóra, en vez de fixarnos somentes na terriña.
Unha opinión de: Patricia Loureiro
Administradora axudante de A Lareira Máxica
Posted by Patricia Loureiro 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , Medios de Comunicación , opinión
** A Frase Simpática.... dos malos estudiantes
Posted by Patricia Loureiro 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS a frase simpática



