martes, 11 de marzo de 2008

** A Frase Máxica.....Aprender e saber dudar


" Sempre que ensines, ensina, á vez, a dubidar do que ensinas "



(Nila)

luns, 10 de marzo de 2008

** A Eurovisión con sentido do humor. ¿Loitar por puntuar?

Ao final a representante de España en Eurovisión 2008 vai ser Rodolfo Chiquilicuatre. Para min decepción. So había que ver a "Rodolfo" actuando para ver que todo isto lle ven grande e que a broma fóiselles das mans. Gostábame La Casa Azul. Un tema marchoso e cunha simpática posta en escena. O Julio, o noso coordinador, nembargantes dicía que ningunha das cancións debía ir a Eurovisión pero que "para rirse de Eurovisión e do seu politiqueo a mellor canción para enviar sería a do Chiqui Chiqui. Riranse de nós, seguro, pero nós rirémonos da burla que supoñen as votacións políticas dos países membros de Eurovisión enviando unha pseudocanción, e dando a entender que xa nin nos molestamos en mandara un bo representante senón a un calquera porque o tongo eurovisivo é un feito".
En parte non lle falta razón ao Julio, pero para min La Casa Azul e a súa "Revolución Sexual" era un tema moi pegadizo e que podía ter opcións.
Penso que Rodolfo vai ter 0 puntos. O Julio pensa que vai ter máis dun e que vainos sorprender porque hai so uns anos Austria enviou a outro friki que quedou sexto. A el aínda que a nosa canción non lle gusta, pensa que vai quedar algo mellor que nos últimos anos so por ser friki.
Cando menos o Julio deixoume pór o vídeo musical de La Casa neste post e a súa canción no reproductor de Imeen. Grazas Julio.






UN ARTIGO DE: Patri Loureiro
Administradora axudante de A Lareira Máxica

** Un luns con humor sempre é mellor: Quesada

Outro gran humorista gráfico galego é Quesada. Podemos ver moitas das súas viñetas gráficas nalgún xornal. Hoxe traemos a A Lareira Máxica algúns das súas viñetas máis divertidas. ¿Hai outras que che gostaron? Pois envíaas a ALM e publicarémolas.







** Un relato sobre a importancia de estar animado

“El diablo vende sus herramientas”

El día de su jubilación, si se puede hablar de jubilación, el diablo sacó a subasta todas sus herramientas. Todas expuestas al público daban un espectáculo un tanto macabro. Estaban, codo con codo, junto al odio, la envidia, la lujuria, la mentira, la hipocresía y otras muchas más herramientas de destrucción.
Curiosamente, un poco apartada se encontraba una de apariencia insignificante, pero con un corte muy afilado. Alguien le preguntó:
-¿Para qué sirve ese instrumento?
-Se trata del desánimo - respondió el diablo.
-¿Y por qué le has puesto un precio tan alto?
-Porque lo utilizo mucho. Con algunas personas no funcionan las otras herramientas pero esta siempre es eficaz, la utilizo en todas partes y nunca me falla.



RELATO ALLEO ENVIADO POR: Alvariño
Gran colaborador de A Lareira Máxica