luns, 10 de marzo de 2008
sábado, 8 de marzo de 2008
** Bonita, cunha canción "Chachi" para alegrarnos
Esta canción ten unhos tres anos. É do vran do 2004. É alegre, marchosiña, pegadiza e ata bailable. Titúlase "Chachi que sí" e está interpretada polo dúo Bonita. So lle coñezo este tema. Pasa con máis grupos ou cantantes. Flor dunha canción. O mesmo lles aconteceu ás Ketchup co seu "Aserejé".
UNHA OPINIÓN MUSICAL DE: Patri
Administradora axudante de A Lareira Máxica
Posted by Patricia Loureiro 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS colaboracións Patricia Loureiro , música , opinión , vídeos e xogos
venres, 7 de marzo de 2008
** Un vídeo educativo e un anuncio moi bo
A publicidade non sempre é mala. Coido que hai publicidade mala, outra nin boa nin mala e outra boa ou moi boa. O último exemplo de publicidade boa protagonízaa este anuncio. Fala de que os menores de idade siguen o exemplo dos seus pais para todo. Coido que é así. De aí a importancia que adquire a educación dos nosos fill@s. Cada vez son máis os pais que descargan a educacións dos seus vástagos en colexios e institutos. Craso erro. Nos centros fórmase ós alumnos. A educación en sí adquírese na casa. Logo resulta moi fácil culpabilizar sempre ós profesores dos fracasos paternos ou maternos. Uns pais que aínda que poidan estar cos seus fill@s, non o fan e "colócan@s" nas máis diversas actividades co gallo de que pasen o menos tempo posible con eles. Pais e nais que non se cortan en berrar e tirarse os trastos diante dos cativos sen pensar que un nen@, teña a idade que teña, aprender por imitación dos seus pais. E podería seguir, pero por hoxe paro. Niso creo que se basea o anuncio do vídeo. Un 10. Un anuncio tamén moi bo era aquel da campaña da animaación á lectura escolar que dicía algo así como "Se ti les, eles lerán". É certo. Así que fixémonos máis, pais e nais, no que facemos diante e para cos nos@s fill@s xa de pequenos. Logo pode ser tarde e poderemos ter educado a persoas carente de ética, valores, sensibilidade, motivación, respetuosas cos demais, e un longo moi longo etcétera de adxectivos negativos. A educación empeza na casa. A formación é nos centros educativos. E pais/nais deben estar moi en contacto cos profesores. E coordinarse. Por algo son ambas partes as que máis tempo pasan cos menores.
¿ Que vos pareceu o anuncio ? ¿Que cousas che apetece comentar do tema educativo? Agradecemos as túas aportacións. Un blog nútrese e medra gracias ós vosos comentarios.
UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica
Posted by Patricia Loureiro 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , Educación Cultura e Tradicións , opinión , sociedade
** Uns científicos localizan o "Punto G"
O outro día lía no xornal Metro unha nova que falaba de que uns científicos localizaron o famosiño Punto X. Aleluia, por fin o atoparon. Agora xa poderemos durmir tranquilas -e tranquilos-. A min paréceme unha parvada todo iso do Punto G. Son partidaria dos Puntos W (que non sempre son iguais a todas nós). Para máis información do achádego da comunidade científica sobre o Punto G lede este artigo. ¿Non terán onde empregar o tempo estes homiños?. ¿Vos credes que so hai un G que é que é común a tod@as?
UN ARTIGO DE: Patri
Administradora axudante de A Lareira Máxica
Posted by Patricia Loureiro 4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , sociedade





