venres, 7 de marzo de 2008

** Un vídeo educativo e un anuncio moi bo

A publicidade non sempre é mala. Coido que hai publicidade mala, outra nin boa nin mala e outra boa ou moi boa. O último exemplo de publicidade boa protagonízaa este anuncio. Fala de que os menores de idade siguen o exemplo dos seus pais para todo. Coido que é así. De aí a importancia que adquire a educación dos nosos fill@s. Cada vez son máis os pais que descargan a educacións dos seus vástagos en colexios e institutos. Craso erro. Nos centros fórmase ós alumnos. A educación en sí adquírese na casa. Logo resulta moi fácil culpabilizar sempre ós profesores dos fracasos paternos ou maternos. Uns pais que aínda que poidan estar cos seus fill@s, non o fan e "colócan@s" nas máis diversas actividades co gallo de que pasen o menos tempo posible con eles. Pais e nais que non se cortan en berrar e tirarse os trastos diante dos cativos sen pensar que un nen@, teña a idade que teña, aprender por imitación dos seus pais. E podería seguir, pero por hoxe paro. Niso creo que se basea o anuncio do vídeo. Un 10. Un anuncio tamén moi bo era aquel da campaña da animaación á lectura escolar que dicía algo así como "Se ti les, eles lerán". É certo. Así que fixémonos máis, pais e nais, no que facemos diante e para cos nos@s fill@s xa de pequenos. Logo pode ser tarde e poderemos ter educado a persoas carente de ética, valores, sensibilidade, motivación, respetuosas cos demais, e un longo moi longo etcétera de adxectivos negativos. A educación empeza na casa. A formación é nos centros educativos. E pais/nais deben estar moi en contacto cos profesores. E coordinarse. Por algo son ambas partes as que máis tempo pasan cos menores.



¿ Que vos pareceu o anuncio ? ¿Que cousas che apetece comentar do tema educativo? Agradecemos as túas aportacións. Un blog nútrese e medra gracias ós vosos comentarios.



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

** Uns científicos localizan o "Punto G"

O outro día lía no xornal Metro unha nova que falaba de que uns científicos localizaron o famosiño Punto X. Aleluia, por fin o atoparon. Agora xa poderemos durmir tranquilas -e tranquilos-. A min paréceme unha parvada todo iso do Punto G. Son partidaria dos Puntos W (que non sempre son iguais a todas nós). Para máis información do achádego da comunidade científica sobre o Punto G lede este artigo. ¿Non terán onde empregar o tempo estes homiños?. ¿Vos credes que so hai un G que é que é común a tod@as?



UN ARTIGO DE: Patri
Administradora axudante de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de....

"O que ten o valor de rir é o dono do mundo"



LEOPARDI, Giacomo

xoves, 6 de marzo de 2008

** Catro fotografías nocturnas de incalculable beleza

Berlín
Colonia
Londres
Salzburgo

Hai fotografías dunha beleza casi insuperábel. Son xoias retratadas polo ollo humano. As catro seguintes son un bo exemplo dilo. Se tivera que escoller algunha das catro, escollerías as catro. ¿E vós cal preferides?
Patri




FOTOS ENVIADAS POR: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica