venres, 7 de marzo de 2008

** A Frase Máxica de....

"O que ten o valor de rir é o dono do mundo"



LEOPARDI, Giacomo

xoves, 6 de marzo de 2008

** Catro fotografías nocturnas de incalculable beleza

Berlín
Colonia
Londres
Salzburgo

Hai fotografías dunha beleza casi insuperábel. Son xoias retratadas polo ollo humano. As catro seguintes son un bo exemplo dilo. Se tivera que escoller algunha das catro, escollerías as catro. ¿E vós cal preferides?
Patri




FOTOS ENVIADAS POR: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de.....Unamuno....sobre a envidia

" A envidia é mil veces máis terrible que a fame, porque é fame espiritual "



UNAMUNO, Miguel

mércores, 5 de marzo de 2008

** Ten coidado con quen e onde tomas un café

De todos é sabido que hai países, culturas e relixións moi diversas no mundo. Respétoas, pero hai cousas que non. Para mostra a seguinte nova que lía onte lía no gratuíto 20 minutos: "Un profesor universitario recibirá 180 latigazos por tomar un café con una alumna". Coido que é unha aberración, por muita cultura e relixión que sexa. Inxusta e desproporcionada sanción. Por degraza, incluso existen exemplos muito máis violentos e sangrantes ca este.

[ Máis información desta nova en 20 Minutos ]




UN ARTIGO DE: Patri
Administradora axudante de A Lareira Máxica