domingo, 2 de marzo de 2008

** "La que se avecina" regresará con 3 baixas importantes

Enma Penella

"La que se avecina", a secuela-remake de "Aquí no hay quien viva" regresa a Telecinco esta primavera a Telecinco e faino con tres baixas moi importantes. Trátase de tres actrices que xa interviñan na serie matriz "Aquí no hay quien viva". Trátase de Enma Penella (moi coñecida polo papel de Concha na serie matriz), Malena Alterio (a outrora Belén, moza de Emilio na serie antiga), e Isabel Ordaz (a "Hierbas" en "Aquí no hay quien viva"). Enma Penella morreu o pasado agosto por enfermidade e Malena e Isabel deixan "La que se avecina" para emprender outros proxectos profesionais.

Malena AlterioEstas baixas serán suplidas por outras tres altas -cual símil futbolíticos-: Mónica Pérez e Cristina Medina -que interpretará a dúas solteiras aloucadas en temas amorosos- e por Manuel Andrés, que xa actuou nos últimos capítulos da tempada anterior, trala enfermidade de Enma Penella.


Isabel OrdazCoido que con estes cambios, "La que se avecina" está selando o seu certificado de defunción. Na primeira tempada tivo uns niveis de audiencia moi discretos e moi alonxados de "Aquí no hay quien viva". Se, para min, as marchas de varios personaxes que interviñan naquela como Luis Merlos ou Fernando Tejero xa feriron de morte á nova serie, as baixas de Enma Penella, Maleia Alterio e Isabel Ordaz, acaban por quitarlle atractivo. E xa non falo doutras baixas que houbera antes de acabar "Aquí no hay quien viva" en Antena 3. Pouco a pouco foise perdendo un elenco de actores moi bos e que calaron fondo.

Para máis información da nova tempada de "La que se avecina" click aquí




UN ARTIGO FEITO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

** Bloguzz elabora rankings fraudulentos e non obxectivos

O Julio i eu queremos denunciar a maneira fraudulenta que ten de facer os seus ranking Bloguzz. A Lareira Máxica deuse de alta en xaneiro,cáseque co nacemento de Bloguzz. Fumos crecendo no ranking. Ata hoxe levamos 24 días publicando ininteurrumpidamente dúas entradas por día. As visitas ó blog creceron moitísimo. Nembargantes, hoxe no ranking de blogs baixamos moitísimo. Por exemplo no apartado de blogs en galego descendemos do posto 48 dó 99 dun total de 202 blogs. O mesmo noutras clasificacións. No xeral baixamos do posto 15508 ó 22841 nun so día. Xa cheiraba a podre, desde hai unha semana. Estabamos ancorados na mesma puntuación sen entendelo porque os datos obxectivos de tódolos contadores de visitas de ALM apuntaban un notable crecemento. Este domingo baixamos de 11937 a 9205 puntos. E non mudamos o noso proceder nestes últimos 24 días. Xa houbo un día en febreiro que, de xeito inexplicable, a nosa posición mudou nun día e caeu en picado sen causa xustificada. Todos nos equivocamos, pero tanto xa é raro.
Agora, volta a pasar. É chama sobremaniera a atención xa que nesta tempada non deixemos de publicar nin de gañar visitantes. Entón ¿por que criterios se move Blogzz? Para máis vergoña dese portal, hai blogs que levan sen actualizar desde hai meses e están situados ó mesmo nivel que ALM ou incluso máis arriba. Unha paradoxa que da que pensar dos intereses ocultos de Bloguzz. Unha decepción. Está claro que non hai criterios independentes e obxectivos. Máis ben existen criterios de inserción de publicidade e outros que oscuros que descoñecemos. Ou iso ou comenten excesivos erros. Oxalá fose isto último.
Polo tanto, desde agora deixamos de crer oficialmente neste tipo de pseudoclasificacións. A nós danos case igual, coidabamos que era unha clasificación independente e unha boa forma de medir o éxito dun blog, pero estabamos enganados. E avisamos ós demais blogueiros. As clasificacións de Bloguzz non son en nada fiables.

Para unha información detalladam, os nosos datos son istos

sábado, 1 de marzo de 2008

** Natasha St. Pier, un descubrimento musical

Natasha Saint Pier é unha xove cantante canadiense de 27 anos que, a parte de ser moi guapa, ten unha voz que é unha delicia escoitala. Neste vídeo musical que vos achego no post atopámola cantando a dúo, en español, con Miguel Bosé. Debo recoñecer que a descubrín gracias a esta canción "Tu trouveras", en francés -título orixinal da canción- que en castelán se chama "Encontrarás".

Esta xove artista, que representou a Francia no Festival de Eurovisión de 2001, ten as súas espaldas varios discos editados, aínda que non se deu a coñecer no mundo de fala hispana ata hai ben pouco. Para máis información lee a súa biografía aquí





ARTIGO REALIZADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

** Lisboa, cidade lusa fermosa e con muita historia