venres, 15 de febreiro de 2008

** A Frase Máxica ......Críticas cheas de prexuízos

“ Cando me coñezas poderasme criticar, pero non o fagas polo que che diga o resto "



Lidia Susín

xoves, 14 de febreiro de 2008

** Unha bonita balada para o día de San Valentín

O noso "xefe" (perdón, sei que odias que te chame así pero quería meterme contigo), o Julio, pediume que vos puxera un vídeo musical de Michael Bolton para adicar a tódol@s namoradiños no día do San Valentín. Debo confesar que a min derréteme escoitar a voz deste cantante. Boa elección.
Coma o Julio, penso que este día máis comercial que nada porque o amor non debe ser cousa dun día senón de todos. Amais a min góstame que me sorprendan e non que o regalo sexa previsible un día coma hoxe. Tampouco lle poño mala cara, pero faime máis ilusión unha flor calquera outro día que non se celebre nada.
¿Como viviste-lo día de San Valentín? ¿Algunha anécdota? ¿Que che regalaron? ¿Pensas que é un día máis comercial que outra cousa? ¿Que canción ou cantante vos gusta escoitar en plan romántico? Opinade.
Patri


** A Frase Máxica....no día de San Valentín

“ El amor es la pasión pola dicha del otro ”



Cyrano De Bergerac

mércores, 13 de febreiro de 2008

** Que content@ estou cando...!!! // De boda

Que contenta estou. Pero que contentíiiiisima!!!!!!! Non sabedes canto. Por moito que intente expresalo con palabras, non poderíades facervos unha idea de canto.

Veredes: o meu irmá máis vello (que non o máis bello porque ese é o outro), leva algo así como uns 15 anos (botándolle polo baixo) coa moza; unha rapariga moi resalada ela que leva entrando e saíndo da miña casa pois ....... imaxinádevos, toda a vida, como quen di. Xa é unha máis na familia dende fai tempo. Dende fai uns anos teñen piso propio e de luns a venres viven ás súas. O finde non, o finde veñen ver a mami para que non se lle faga tan longa a semana sen a súa presencia. E mami agradéceo, claro.

O caso é que fai uns meses sorprendéronnos a todos (igual a min un pouco máis) un bo día decíndonos que tiñan que falar con nós. Meu irmá púxose tan serio que pensei que por fin ía ser tía. Meu pai estaba que non cabía de gozo en si. Recén xubilado, o único que lle faltaba para poder ser un xubilado completo era un neto. Por fin a casa ía empezarse a encher de nenos. Benditos nenos!!!.

Pero que bah. O noso gozo nun pozo. Despois de

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]
    tantos anos xuntos, de tantas voltas que lles terá dada a vida, de aguantar por todos lados comentarios e preguntas benintencionadas do tipo “cando casades?”, “vaivos sendo hora” etc etc etc e de cansarse a respostar aquilo de “eu? Casar?” , van e deciden dar a gran campanada.

    E claro, unha non entende nada. Unha debátese entre o dilema aquel de se poñer cara de alegría, ledicia, algarabía ... ou realmente mostrar o que sinte. Porque, que deus e meu irmá me perdoe, pero, “a que carallo ven ahora iso de casar, ós trinta anos, cando levan media vida xuntos, cando levan outra media vivindo un co outro, a que ven agora a leria de facer todo o paripé ese do bodorrio repipi e conero?, porque esa é outra. Non podían coller un luns pola mañá, ir ó concello, firmar, e seguír coa rutina dos luns. Non. As cousas hai que facelas como deus e a santa nai igrexa mandan, como diría miña nai. As cousiñas ben feitas, que se ti non eres católica e apostólica, eu si, me di meu irmá, ese mesmo que non pisa unha igrexa dende o día da primeira comunión.

    E eu, sigo sen entender nada. Pero estou contentísima eh, iso que conste en acta. Contentísima por eles quero dicir, porque claro, vos sabedes a como sae unha voda a estas alturas de século? Eu non sei a como lles sairá os contraíntes, nen ós padriños, nen a vós, pero eu creo que ser tía me ía saír máis a precio.

    Porque claro, unha que vos é así moi chusquiña ela, propón: e digo eu, un irmá non casa tódolos días, haberá que facerse ver e posto que somos varios irmás (hai que pensar en todo) regalarlles a lúa de mel quedaría ben. Porque que outra cousa lle vas regalar a un irmá? Vaslle dar un talón como quen da que sei eu? Vamos, que nin corta nin perezosa, tan pronto como o pensei, llo comentei ós demais. Tanto a meus irmás como á irmá da noiva lles pareceu ben, pero coño!!!, eu nunca fora de lúa de mel, non sabía que se cotizaban tanto.

    Así que, estou contentísima, meu irmá casa. Eu vou gastar a paga extra que non teño en contribuír a pagarlles unha lúa de mel de luxo por todo o alto. Vou pasar semanas invertindo todo o meu tempo libre intentando dar co vestido-repolo para a ocasión para rematar mercando o primeiro modelito cheo de volantes e puntilla de Camariñas que me entre neste meu corpo salado. Pero sigo contentísima eh, a ver cando vos atopades vós cunha excusa mellor para desfrutar desa afición tan nosa (e cada vez tamén máis vosa) do “shopping”. Imaxinádesvos: horas e horas recorrendo as mellores “butiques” da gran cidade. E o ghuapa e fermosa que vou lucir o día D, hora H??? Ben valerá os centos de euros que, de seguro, terei que desembolsar.
    Jo, como mola! Qué contenta estou! Só pensar en combinar bolsos con zapatos, vestido con peiteado, xoias con roupa interior, me enche de ledicia.
    Que bonitas que son as vodas. A que si?





QUE CONTENT@ ESTOU...!!! REALIZADO POR: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica