venres, 8 de febreiro de 2008

** A Frase Máxica de... Descartes...sobre a razón

“Non hai nada, repartido de modo máis equitativo, que a razón: todo o mundo está convencido de ter suficiente"



René Descartes (1596-1650) Filósofo y matemático francés

mércores, 6 de febreiro de 2008

** A Frase Máxica de....L. Jeldres...sobre a verdade

" Se adicas unha hora ó día durante 20 anos a pensar sobre o que é verdade, seguramente concluirás que non existe tal cousa"



Leopoldo Jeldres

domingo, 3 de febreiro de 2008

** Carnaval, Carnaval, quérote !!!!!

Carnaval, carnaval!!!! Ola amig@s de A.L.M. O Jaime máis eu atópamonos disfrutando uns días do carnaval na terra do meu home: Xinzo de Limia. Estámolo pasando de medo porque ós dous gústanos moito o de disfrazarnos. Temos máis perigo que Piraña nunha tenda de comestibles Aquí, como en Verín e outras zonas de Galicia, o carnaval vívese cos cinco sentidos. E vos ¿disfrazáchevos? ¿De que vos ides disfrazar ou de que vos disfrazaches? Nós disfrazámonos de Epi e Blas. Jajajajaja, que risas. ¿Que carnaval vos gusta máis: Xinzo, Verín, Pontevedra, O Grove, A Illa de Arousa,....? Eu quédome con estes, aínda que o de A Illa de Arousa tamén me gusta moito. E o desfile do Ravachol en Pontevedra tamén é moi recomendable. É algo distinto.
Aproveitando que estamos en Carnaal anímovos a que nos contedes anécdotas que vos pasaran en algún carnaval e de paso, se tedes vídeos ou fotos que nolas envíedes. Namentres, póñovos uns vídeos que quitei de Youtube. E déixovos que nos voltamos á festa na rúa. Deica!!



>> CORREDOIRO XINZO DE LIMIA 2008



>> SAETA RAVACHOL (Pontevedra 2006)


>> CARNAVAL NA ILLA DE AROUSA


>> CHIRIGOTA "LOS DE LA CARPA" 2008




UN ARTIGO DE: Patri
Administradora axudante de A Lareira Máxica

** Un gadget relaxante cheo de peixes

Ver peixes tamén axudan a relaxarse un pouco. E con tanto stress que sufrimos hoxendía....Comprobámolo no blog de Eifonso Lagares, Islas Cïes Blog,de onde quitamos o seguinte simpático e entretido gadget. ¿Reláxavos? ¿Gústanvos os peixiños? Ah, unha advertencia: non se poden pescar nin comer. Éstes non. Pobre vosa!!! Ah, que se me olvidaba: se facedes click na imaxe aparece comida para os peixes. Aliméntadevos ben!!!!!!