sábado, 2 de febreiro de 2008

** Microsoft vai comprar Yahoo!

Se nada o remedia, e parece que non, o xigante Microsoft vaise facer co segundo buscador máis importante en internet: Yahoo!, unha empresa que nos últimos anos está tendo problemas económicos e xa tivo que despedir a moitos empregados. A oferta que lle acaba de facer Microsoft din que a fai, logo de tantear a operación, pero que, case seguro, vai obter o visto bo de Yahoo!. ¿De canto é a oferta?de 30.000 millóns de euros nada máis e nada menos.

Para min á noticia é triste, porque un sempre é partidario da competencia e canta máis mellor, porque redunda na maior diversidade e menor monopolio en internet. O mesmo penso para a vida diaria fóra de internet. A competencia comercial sempre é bo, se está ben prantexada (e non coma nos temas das gasolineiras). Redunda en favor de precios máis competitivos. Os monopolíos xeneran dictaduras económicas e sociais.

Para Microsof e Yahoo! a operación será boa. E tentaranos vender que así faranse máis forte (algo obvio). Neste momentos o buscador de Microsoft é o Live Search (antes Msn) e o de Yahoo! o do mesmo nome que a empresa. Xuntos queren recortar distancia do buscador por excelencia en internet: o da todopoderosa empresa GOOGLE. O duelo de xigantes está servido: GOOGLE contra MICROSOFT, pero namentres a oferta diminúe, achégandose a un "bipolio".



UN ARTIGO-OPINIÓN REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

venres, 1 de febreiro de 2008

** O ser galego..... con identidade propia


El gallego no te llama por teléfono ... DACHE UN TOQ!
El gallego no saluda .. DICHE BOAS!!
El gallego no se cae .. ANALIZA A CIRCUSTANCIA !
El gallego no se enamora ... ESTA ENCONACHADO!!
El gallego no trata de convencerte ... COMECHE A ORELLA!
El gallego no concierta una cita con sus amigos ... QUEDA PARA BOTARSE UNHAS RISAS!!
El gallego no t golpea...METECHE UNHA PALISA MORTAL!
El gallego no da besos ... COMECHE A BOCA!!
El gallego no bebe mucho ... ÉNCHESE!!
El gallego no es que no entienda... NON O PILLA!!
El gallego no te da la espalda ... MANDATE A PUTA MERDA!!
El gallego no te llama la atención ... PERO QUE ME ESTAS CONTANDO?? NENO!!!
El gallego no se relame ... DICE SOBOME!!!
El gallego no se inmuta .. BOH!!!!!!
El gallego no acariacia ... SOBA
El gallego no molesta .. É UN XOVES!
El gallego no se alimenta .. ÉNCHESE COMO UN PORCO!
El gallego no golpea .. SOLTACHE UNHA OSTIA!
El gallego no trabaja a destajo ... TRABALLA COMO UN CAN!
El gallego no se impresiona ... NON TE TIRES ...
El gallego no sufre de diarrea ... TEN O CU Q VOTA LUME!
El gallego no corre a toda velocidad ... SALE FOSTIADO!!
El gallego no se rie a carcajadas... DESCOJONASE!!
El gallego no camina .. COLLE O BUS!
El gallego no es un buen tio ... É A OSTIA!
El gallego no es un tio trankilo ... É UN TIPO SUAVE!
El gallego no dice voy y vengo ... SABES CANDO VAI PERO NON CANDO VOLVE!
El gallego no esta cansado ... TA FEITO UNHA MERDA!
El gallego no ve una chica fea ... VE UN BICHO!!
El gallego no habla claro... SOLTACHO NA PUTA CARA!
El gallego no es cualkier cosa... O GALEGO É UN SER ÚNICO E EXTRAORDINARIO ..



ENVIADO POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

** JUJEL, a gheada feita buscador

O Google tamén sabe da gheada. So tedes que pinchar en JUJEL e poderedes comprobar que a nosa benquerida gheada tamén lle come a ourella (non a do carnaval) ó xigante americano. Coa axuda de Google, iso si. Os seus creadores afirman que: "Este sitio é basicamente tres cousas: un servizo público, un experimento en cooperación con Google Inc. para limitar as búsquedas á referencias galegas, e unha páxina simpática para chamar a atención e por en liña dous fenómenos manifestos como son a gheada e o seseo no territorio galego".
Boa nova, sen dúbida, que nos foi remitida por María, unha das nosas grandes colaboradoras.

** A Frase Máxica de... Orison Swett...sobre a sonrisa

“La sonrisa es una verdadera fuerza vital, la única capaz de mover lo inconmovible”



Orison Swett Marden