venres, 30 de novembro de 2007

**QUE RABIA DA CANDO......!!!!

¡Que rabia me dan os prezos!. Non paran de subir, xa o sabemos todos, pero ademais deso está o tema do pitorreo, porque hai cousas que parecen unha tomadura de pelo. Estou farto, pero que moi farto, ¡fartísimo!. Cerca da miña casa hai un Eroski, un MaxiDía, un Gadis e un Árbol. A estes dous últimos vou pouco, parécenme caros. O anuncio do Gadis é moi bo pero non me fixo cambiar de idea. Pois, gustaríame saber por qué no MaxiDia 2kg de clementinas, moi ricas e doces, custan 1,69 euros cando no Eroski ese é o prezo dun kilo delas. Qué fenómeno paranormal será ese que nuns escasos metros provoca tal disparidade. No Eroski, as froitas e as verduras frescas son caras. Por exemplo, o kilo das mazás Royal Gala vale uns 50 céntimos máis que nunha froitería que frecuento. As verduras conxeladas envásanas en bolsas de 750 gramos e, curiosamente, teñen o mesmo prezo que as bolsas de verduras conxeladas do Carrefour, que son de 1 kilo de peso. Seguindo cos prezos dispares, no Alcampo un kilo de chourizos de Lalín, categoría extra, custa 4.99 euros, no Eroski os chourizos pasan de 7 euros o kilo. No Alcampo por 1 euro cómprase un oso grande de xamón curado, estupendo, non é para o can, é para o cocido. No Eroski, por un euro venden un anaquiño miserable e rancio de xamón, unha puntiña chea de graxa. No Eroski, 1 kg de fabas vale pouco máis dun euro, no Alcampo duplican este prezo. Unha botella de vino Ribeiro, con denominación de orixe, vale moito menos no Eroski que no Lidl. A lixivia con deterxente e as bolsas do lixo creo que máis baratas que no Lidl non se atopan.

Outro exemplo, antes, un pack de 3 pastillas de xabrón de tocador, marca Hipercor, feito por Gal, custaba 1.15 euros. Xa vai con dúas veces que quero mercalo e non está na estantería. Debérono quitar, tiven que comprar outro, por suposto, máis caro. O xel de baño, cómproo na Farmacia que está enfronte do Hipercor. É hipoalerxénico, ven en botellas de 1000 ml e sempre está de oferta, co cal sae moito máis barato que calquera xel de supermercado, eso si, hai que comprar 3 envases. O café descafeinado Bonka Mezcla de 250 gramos no Eroski ten un prezo de 1.70 euros, no Hipercor pasa

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]

    de 2 euros. Na panadería do meu barrio unha barra de pan normal de 250 gramos, sen ser artesana nin integral, custa 0,80 euros. No Alcampo véndese unha barra semellante, feita noutra panadería da cidade, a 0,48 euros. Pensándoo ben, parece que non foran feitas a partir dos mesmos ingredientes: auga, trigo, sal e levadura. Podería seguir así un bo anaco, hai moitos prezos de productos básicos dispares e disparatados. Para rematar un disparate: o sábado comprei, no Eroski, unha escoba vileda sen mango, con proteccións de goma nos extremos para non danar os mobles, por 3,85 euros, (640 pesetas). Pareceume unha barbaridade, quero pensar que os remates de goma branda son útiles. A verdade é que as outras escobas non os tiñan. Sen embargo, unha mellora tan ridícula coma esa non debería supor un incremento tan grande no prezo. Para axudarme a esquecer a estafa da vileda, no Eroski, coa chegada da campaña navideña, puxeron a venda doces navideños e bombóns a granel. Teñen uns bombóns da marca Elgorriaga , uns cadradiños con chocolate branco no medio, e outros de licor, envoltos como se fosen un caramelo, que están moi bos. So estes, os outros bombóns a granel que teñen son dunha calidade inferior. Mais, os que vos describín están boísimos e so custan a 7.99 o kilo. De postre, despois das clementinas e antes do café, sempre tomo un bombón, so un, que aínda queda moito Nadal por diante e inda ei de engordar.

    Como vedes, tómome o tema do consumo en serio, así e todo con tanta variedade de prezos en productos que non están de oferta inda ei de tolear. O peor de todo é que mamá veume tan eficiente e implicado que, agora, a compra sempre ma encarga a min. Non vou tódolos sábados, pero cando me toca case me leva todo o día. Menos mal que me acompaña Juanjito, estouno convertendo nun consumidor concienciado. Boa falta lle fai, inda non distingue as costeletas de lombo das de agulla, nin os xurelos das xardas, nin as coliflores frescas das pasadas, nin os grelos das nabizas,... Da o seu traballo aturalo pero trae o volkswagen sharan de seu pai, que ten un maleteiro enorme, e conduce sen rechistar. A min, as columnas dos parkings téñenme manía.




QUE RABIA DA CANDO...!!! FEITO POR: Alvariño
Gran colaborador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de .......Carlos Ruiz Tafón (2)

***** " El destino suele estar a la vuelta de la esquina (…) pero lo que no hace es visitas a domicilio. Hay que ir a por él"
***** " Nunca te fíes de nadie, especialmente de la gente a la que admiras. Esos son los que te pegarán las peores puñaladas "



Carlos Ruiz Tafón

mércores, 28 de novembro de 2007

** Sen Garbo pero con forza, o regreso de Greta


Greta- QUIEN SERA
No ano 99 asistín en Santiago a un concerto de Greta y los Garbo, un grupo cheo de mulleres, na que Greta, a súa vocalista, emerxía do resto e deixaba a súa pegada. Un grupo con temas desanfandados e marchosos. Gustábame o grupo, se ben non tivera moitas cancións especialmente boas, si que deixaban rastros. Ou iso son os meus recordos. Nembargantes, so tres anos máis tarde o grupo separouse. Como outros moitos, que chegan ó final dun proxecto ou precisan descansar ou cambiar.

Hoxe case cinco anos despois, Greta volta, pero volta sola. Sen as Garbo, pero con ganas, que é o que importa. Este primeiro single en solitario, gústame. Rezuma ilusión, novos proxectos e confianza. Posiblemente unha extrapolación do que a ela lle pode estar a pasar coa súa careira musical. Quen sabe.

Esta canción tamén pode extrapolarse á vida cotidiana de calquera de nós. Ás veces prodúcense cambios e precisamos mellorar, arriscarnos, descansar, voltar, probar cousas novas..... A todos e a todas que, como Greta, estades nunha etapa de cambios, vai adicada esta canción. Oxalá as vosas ilusións se vexan simbolizadas nunha letra e nunha música que recolle esta cancíón. E que todo salga ben e para ben.

E a Greta, que teña sorte e que volte a triunfar. Quen sabe, ó mellor pronto volta presenciar un concerto teu. E quen sabe, como isto de romper e voltar é unha constante non panorama musical, pois ó mellor o Garbo acaba por voltar á vida de Greta tralo seu primeiro disco....As voltas que da a vida e a música...

Carpe Diem,



UN ARTIGO DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** As frases Máxicas de.......Carlos Ruiz Zafón (1)

--> "Existimos mentras alguen nos lembra"
--> "Poucas cousas marcan tanto a un lector como o primeiro libro que realmente se abre camiño atao seu corazón"



Carlos Ruiz Zafón