** Merche, unha voz chea de sentimentos e reivindicacións
Encántame Merche e cómo canta esta gaditana. E ese acento andaluz tan bonito. Esta canción creo que é do ano 2002. Foi a primeira que lle coñecín dun longo repertorio no que denuncia, reivindica ou transmite sentimentos. O seu compromiso social queda patente en moitas dos seus temas. Falar con esta artista debe ser algo bonito e ata divertido. Trasmite boas vibracións. "Le deseo", como diría ela, moita sorte e máis éxitos. Aquí un gran seguidor da Merche.
Por certo, esta canción en concreto tamén me fai lembrar tempos pasados e hoxe, especialmente hoxe, apecíame moito lembrala escoitándoa...
UNHA OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica





