venres, 9 de novembro de 2007

** Feísmo arquitectónico por culpa dun teléfono

C ousas da vida….
Antes era moi normal escoitarlle dicir a alguén:

- “Vou chamar por teléfono. ¿Tés cambio deste billete de mil en moedas?”

O que acabades de escoitar pódevos sonar un pouco raro ou, incluso, extravagante, pero iso de chamar por teléfono meténdolle moedas ó susodito “aparato” é o que se facía a cotío ata hai so uns anos. E digo se facía, porque cada vez é máis infrecuente atopar a clientes de cabinas telefónicas. Aínda que habelos hainos….Ou iso din. Desde que se xeralizou o uso dos móviles o panorama mudou de aspecto. A cultura deu unha salto no medio do camiño, ¿un salto positivo ou negativo? ¿Qué outros danos colaterais trouxo consigo?.

O móvil é un trebello que foi gañando adeptos a pasos axigantados,namentres o seu irmán maior, o teléfono de cabina -das cabinas de toda a vida como dirían os de Gomaespuma- os perdía na mesma proporción, tamén a pasos axigantados. Cal regra de tres inversa que se estudiaba de pequeño no colexio.

A principios deste ano pasei por un lugar e unha cidade que sempre, sempre me cautivou, e aínda o segue facendo. A santiaguesa Rúa do Vilar. Ben, pois nese incomparable percorrido baixo os seus milenarioe fermosos soportais (recomendo visitalos sobre todo cun Santiago de Compostela con choiva) albisquei ó lonxe unha cousa que me chamou a atención. Era unha cabina telefónica incrustada nos soportais. Chamoume a atención por dous motivos. Paso a explicalos:

1- Porque me preguntei ¿e quen raios usa agora estas cabinas con tanto móvil solto pola sociedade adiante? Por certo, antes para poder falar cunha persoa que non estaba nun sitio onde houbera teléfono fixo era difícil. Agora co móbil é máis sinxelo, Aínda que iso ten o seu lado bo e o seu malo. Como todo na vida…

2- Deume en pensar senón sería o de aquela minicabina telefónica un caso de feísmo arquitectónico, tan característico da nosa Galicia, pero “á inversa”. ¿Qué pintaba unha “modernidade” telefónicia apegada a aqueles soportais antigos, pero de tanto valor artístico e histórico? E digo inversa, porque postos a pensar, o feísmo provocábao o propio teléfono xa non so porque rompía a arte do lugar, senón porque, gracias da vida, a cabina telefónica case é un obxecto en perigo de extinción por mor dos móviles. Visto desta maneira tanto os soportais como a cabina pasarían a ser reliquias. Pero non. A arte é arte, e a cabina desentona tanto como ver o CGAC ó lado do Museo do Pobo Galego. Ou iso me pareceu a min. Non había excusas…
Entón que fai a cabina alí ¿afear? Pois si. Creo que pór un teléfono hoxendía nun casco histórico debería ser case un delito. E como se dentro da Catedral puxeramos un ciber ou outra cabina telefónica. ¿¿Non é moi lóxico non?? E nos teempos que corren, con tanto móvil, pois aínda debía ser máis delito. Un feísmo arquitectónico en toda regra provocado por un medio de comunicación, en plan vestixio telefónico. Vamos que o aparello desentona completamente. Quizás o turista que recorre a Rúa do Villar xa traia un móvil no bolsillo –senón dous- e, en caso contrario, a zona nova de Santiago, está a un pasiño. Non amolémola paisaxe e a historia arquitectónica santiaguesa…..


Voltando a reflexión do primeiro punto, é curioso: nuns poucos anos a nosa cabina telefónica de toda a vida, case parece unha reliquia comunicativa pois con tanta fartura de móviles ¿quen as vai usar?. E agora, ó mellor, é outra obra de arte a conservar. Nun futuro veremos nos museos exposicións de cabinas telefónicas. Non é coña. É verdade. Sí, aquelas cabinas tragacartos que tanto nos teñen timado pois quedábanse co cambio ou, sinxelamente, con tódalas moedas sen deixarnos nin tan sequera dicir:

- “Hola, ¿está menganito….?”

Ladroas, máis que ladroas, cantas moedas non me devolvéstedes…..E agora están en vías de extinción…..

…Cousas da vida



ARTIGO DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de....Bertrand Russel ¿certa?

"Para qué repetir os erro antigos tendo tantos erros novos que cometer?"



Bertrand Russel

mércores, 7 de novembro de 2007

** O Puzzle do Polizón: en cien palabras (2)

Estoy aburrido, tengo un poco de frío, me duele la cabeza. Otoño, antesala del invierno, las hojas secas se arremolinan en la calle, el viento sopla. Nubarrones grises presagian lo inevitable, va a llover mucho. Pasará Santos y otra vez será navidad. Pasará la navidad y otra vez será primavera. El tiempo pasa y también la vida. No hace tanto era joven, ahora soy adulto, dentro de unos años seré viejo. Luego moriré y detrás de mí lo harán todos los que me conocieron. Llegará un día en que nadie sabrá que existí. Qué cosa más rara es la vida.



O PUZZLE DE: O Polizón
Colaborador habitual de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de .....Kant ¿e ten razón?

Tan so pola educación pode o home chegar a ser home. O home non é máis que o que a educación fai del”



Enmanuel Kant