sábado, 4 de agosto de 2007

** Que ben soa a música

free music

venres, 3 de agosto de 2007

** De Música...

free music

mércores, 1 de agosto de 2007

** 2ª Fase da canción do verán

N a primeira fase HOUBO UN TOTAL DE 40 VOTOS. NOMEÁRONSE 20 TEMAS E HOUBO UN VOTO QUE NON APOSTABA POR NINGÚN.

Tendo en conta as bases da 1ª Fase, clasífícanse 11 (xa que o hai varios empates a 2 votos, polo que pasan 11 cancións en vez das 10 previstas). A relación dos 11 que pasan á segunda ronda son os seguintes. Lembro que na segunda partirán con 0 votos.

- DANI MATA: "Lamento Boliviano" (tivo 6 votos)
- SHAKIRA: "Las de la intuición" (4 votos)
- SILVIA PADILLA: "Ponte el cinturón" (3 votos)
- MIGUEL BOSÉ CON JULIETA VENEGAS: "Morenamía" (3 votos)
- NELLY FURTADO: ""All good things come to an end" (2 votos)
- MANÁ: "Mandame una señal" (2 votos)
- QUIJANO: "La Magdalena" (2 votos)
- MARTA SÁNCHEZ: "Superstar" (2 votos)
- LA GUARDIA: "Un día redondo" (2 votos)
- EL MENTÓN DE FOGARTY: "Anestésicos Preferidos" (2 votos)
- PASTORA: "Cuanta vida" (2 votos)

A partir de hoxe empeza a segunda fase con estes 11 temas musicais. Clasificaranse os 5 primeiros pasa a gran final. Lembrade que o prazo para votar nesta segunda fase vai do 1 ó 15 de agosto. Apoiade á vosa canción favorita!

ACTUALIZACIÓN 6 DE AGOSTO: O Concurso da canción do Verán queda anulado. Perdoade as molestias. Ler o artigo do día 6 para entender o motivo.



ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

domingo, 29 de xullo de 2007

** ¿E hoxe que temperatura vai facer? ¿Que toca?

O mundo está tolo, tolo, tolo era o título dunha afamada película. Permitídime que parafraseando este título manifeste -seguro que tod@s estaredes dacordo- O TEMPO ESTÁ TOLO, TOLO, TOLO. O domingo pasado Sanxenxo, entre outros sitios, parecía sumido en pleno inverno. Semellaba que o domingo 22 era un día de temporal invernal con tanta choiva e mal tempo que había. Hoxe, apenas unha semana despois, parece que estiveramos no Sáhara, con temperaturas que superan os 30 grados. Onte sen ir máis lonxe, destas horas facían 29 grados. Durante o día pois máis, claro está. Hoxe tres cuartas parte do mesmo e mañán igual. O martes parece ser que baixa algo a temperatura do "cocido" ou do "frito". Estes días xa non fai falta fritir os ovos, as patatas, a carne, porque para frititos xa estamos todiñ@s nós....Levádeo con ánimo. Dicía un filósofo que "en el medio está la virtud". Pois si, eu non quero nin asarme nin morrer de frío. Está ben a calor, pero que se poida soportar!!!!.

Carpe Diem



ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica