mércores, 18 de xullo de 2007

** Escándalos nos concertos de Sabina e Serrat

Indignante, bochornoso, vergoñento, irrespetuoso, de mala educación, aproveitados e un sinfín de adxectivos calificativos sirven para expresar o lamentable feito vivido onte en Pontevedra por centos de persoas que, con entradas na man, se quedaron coas gañas de asistir ó concerto que Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat deron na prazade de touros da cidade do Lérez.

E eu que pensaba que o overbooking so pasaba nos avións. Pois non. Se xa non era suficiente, a alguén se lle ocurriu vender máis entradas das que permite o aforo da Praza de Touros de Pontevedra. Cando estivo cheo pecharon as portas, e a xente que chegou logo, que pagou relixiosamente as entradas para ver a eses dous grandes cantantes se quedaran coas ganas. Por unha vez que a Sabina non se lle deu por suspender o concerto voluntariamente por capricho ou excesos persoais.....

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]
    E digo eu: ¿por que se permite este timo? Lía hoxe na prensa que a maioría da xente presentou denuncias masivas na comisaría de Pontevedra. ¿Conseguirán algo? Non o sei, agardo que sí, pero o concerto perdérono. Non hai volta atrás. Creo que o deberían facer se Sabina e Serrat tivesen o que teñen que ter e dar un novo concerto máis adiante en deferencia ós seus fans que quedaron defraudados. En Santiago, o pasado sábado choveu e tiveorn que suspender o concerto á media hora,unha vez iniciado. Foi a primeira das dúas polémicas do dúo en menos de unha semana. A segunda, a de onte en Pontevedra, foi outro escándalo máis. ¿Desprecio ós galegos?.

    Lémbrome que no Xacobeo de 1999 Sabina suspendera unha actuación en Santiago o día anterior. Porque lle deu a gana. Sabina é gran compositor e cantante, pero como persoa cabe esperar o mellor e o pior. Pero o concepto que tiña de Serrat era o dun cabaleiro. Sei que os dous escándalos non dependen deles directamente, pero deberían facerse escoitar ante a empresa responsable, porque indirectamente, saen perxudicados diante dos seus fans.

    Ver para crer. Non sei de quen é a culpa. Imaxino que haberá unha empresa responsable. Oxalá se faga xustiza!!

    ¿Ti que opinas de toda esta polémica? ¿Que che parece? Se ti tiveses sido un dos afectados, ¿que farías?


    ÚLTIMA HORA:
    Según publica La Voz de Galicia na súa edición dixital devoltarán ós cartos ás 500 persoas que non puideron ver onte o concerto en Pontevedra. A productora recoñece que vendeu esas 500 entradas de máis...¿Suficiente coa devolución? So faltaría que se quedaran cos seu cartos...




ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

** O venres será o punto de partida....

Este venres é a data elixida. O venres porase en marcha. Non podía faltar.....

luns, 16 de xullo de 2007

** O humor do luns sempre é moi necesario.....


venres, 13 de xullo de 2007

** Adiviña, adiviñanza......+ FORO + enquisa

O sol, o verán que por fin chega, fai que a xente non se anime a facer comentarios e escribir artigos en A Lareira, agás un par de excepcións. Canto á enquisa que nos enviou DROSOPHILUM e que colguei a semana pasada, ningúen se animou a contestar. Por non contestar non respostou nin un anónimo. NINGUÉN. Non me estraña, xa que os temas relacionados coa política non van coa Lareira Máxica. A min tamén é o único tema do que no me gusta falar na Lareira.
Pasemos a temas máis agradables. A ver se vos animades. Cual duende, infiltrei na Lareira Musical (cancións) unha canción que servía de sintonía a unha afamada serie dos anos 80. Mítica onde as haixa. Non, se vai ter razón o do anuncio da Coca-Cola...."Pssss, Señor.....¿Es a mi?" Ay como pasan os anos.... En fin, que a ver quen a descubre primeiro. É moi fácil. A partir de que se acerte, abriremos -se queredes- un foro sobre a serie. Lembranzas qeu vos trae, personaxes,recordos dos anos 80. Ah, e para os que non a virades: ¿oístedes falar dela? ¿Que vos contaron?.