** Reflexións Primaverales
Teño un don!!! Sí, en serio, teño un don: son capaz de afastar de min ós que máis me importan. Non me digades que non é un don interesante. Curioso cando menos.
Cando un está mal acostuma a rodearse dos seus, dos que lle importan,para facer a traxedia máis levadeira, máis soportable. Eu son todo o contrario, cando estou fodida aíllome de todo e de todos. Quixera pensar que intento evitarlle malos ratos innecesarios ós demáis, que se trata de algo así como un instinto non de autoprotección, senón de protección allea, mais non creo que ...--->Ve-lo Artigo completo....
sexa tan plausible e caritativa a miña actuación. Simplemente son así. Por iso imaxino que non podo queixarme por sentirme soa nun domingo tan estupendo onde o sol o invade todo. Vénseme á cabeza unha frase de García Márquez que ven a dicir algo así como que non hai peor soidade que estar sentado ó lado de alguén e saber que nunca o poderas ter. Eu engadiría que non hai
peor soidade que a de estar rodeada de xente e sentirte soa. Se cadra
son algo masoca.
Esta mañá escoitaba a alguén (un home) chamarlle á súa compañeira "ESTÚPIDA!!!". Así, sen máis provocación. Eres estúpida porque sí, porque o digo eu e xa está. E non sei que me sorprendeu máis, se a monosilábica frase en si ou a reacción dela. Mirouno con cara de estupor, de non entender nada, fixo un aceno despectivo coa cara e continuou o paseo ó seu carón. Un paseo que seguramente continuará
moitos anos máis.
Pregúntome se iso será o amor, se cadra non cheguei a amar nunca a ninguén ata ese punto, ata o punto de ser inmune a calificacións tan pouco elegantes como un estúpida lanzado ó aire nunha mañá de domingo. Se cadra niso consiste o amor, en calar o que che fai dano. Se cadra eu nunca sería capaz de amar ata ese punto, porque unha cousa é continuar o paseíllo como se tal cousa ó seu carón e outra cousa é calar, facer como se non escoitaras nada, non revelarte sequera. Claro que tamén din que os fortes son os que son quen de poñer boa cara ó mal tempo. Ós que son capaces de mostrarlle ó mundo un sorriso cando están chorando por dentro. Se cadra o meu don non é tal don. Se cadra eu sí son unha ESTÚPIDA!!! por non calar o que me molesta e dicilo á cara.
ARTIGO ELABORADO POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica





