domingo, 15 de abril de 2007

** Reflexións Primaverales

Teño un don!!! Sí, en serio, teño un don: son capaz de afastar de min ós que máis me importan. Non me digades que non é un don interesante. Curioso cando menos.

Cando un está mal acostuma a rodearse dos seus, dos que lle importan,para facer a traxedia máis levadeira, máis soportable. Eu son todo o contrario, cando estou fodida aíllome de todo e de todos. Quixera pensar que intento evitarlle malos ratos innecesarios ós demáis, que se trata de algo así como un instinto non de autoprotección, senón de protección allea, mais non creo que ...--->Ve-lo Artigo completo....
sexa tan plausible e caritativa a miña actuación. Simplemente son así. Por iso imaxino que non podo queixarme por sentirme soa nun domingo tan estupendo onde o sol o invade todo. Vénseme á cabeza unha frase de García Márquez que ven a dicir algo así como que non hai peor soidade que estar sentado ó lado de alguén e saber que nunca o poderas ter. Eu engadiría que non hai
peor soidade que a de estar rodeada de xente e sentirte soa. Se cadra
son algo masoca.

Esta mañá escoitaba a alguén (un home) chamarlle á súa compañeira "ESTÚPIDA!!!". Así, sen máis provocación. Eres estúpida porque sí, porque o digo eu e xa está. E non sei que me sorprendeu máis, se a monosilábica frase en si ou a reacción dela. Mirouno con cara de estupor, de non entender nada, fixo un aceno despectivo coa cara e continuou o paseo ó seu carón. Un paseo que seguramente continuará
moitos anos máis.

Pregúntome se iso será o amor, se cadra non cheguei a amar nunca a ninguén ata ese punto, ata o punto de ser inmune a calificacións tan pouco elegantes como un estúpida lanzado ó aire nunha mañá de domingo. Se cadra niso consiste o amor, en calar o que che fai dano. Se cadra eu nunca sería capaz de amar ata ese punto, porque unha cousa é continuar o paseíllo como se tal cousa ó seu carón e outra cousa é calar, facer como se non escoitaras nada, non revelarte sequera. Claro que tamén din que os fortes son os que son quen de poñer boa cara ó mal tempo. Ós que son capaces de mostrarlle ó mundo un sorriso cando están chorando por dentro. Se cadra o meu don non é tal don. Se cadra eu sí son unha ESTÚPIDA!!! por non calar o que me molesta e dicilo á cara.




ARTIGO ELABORADO POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

sábado, 14 de abril de 2007

** Un debuxo que fala por si mesmo........

E continuando coa temática de onte venres.... En clave de humor pero cun fondo de realidade cruda, dura e triste no tocante ós accidentes que habelos hainos e moitos, demasiados engadiría...



Viñeta remitida por: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

venres, 13 de abril de 2007

** Cuestión de medidas......

E stá claro que de todo hai neste mundo. E está claro que hai xente que toma unha noticia de moi diferentes formas ou maneiras. Non vos descubro nada novo. Incluso unha noticia aparentemente mala é obxecto de burla, cachondeo e "botarlle morro" chegado o momento. Disto tamén hai persoas. Non estamos falando de temas de saúde nin de amor nin de traballo. Non. Falo dun tema monetario... E non é de Facenda. En fin que lede a imaxe da esquerda -que me enviou unha moi boa amiga- e descubride de que falo por vós memmos. ¡¡Que hai que empezar con humor a fin de semana!!, aínda que ás veces sexa difícil polo noso día a día...

---------------------------------------------------------------------------------
NOTA Premendo sobre a imaxe veredes esta moito máis grande
---------------------------------------------------------------------------------

P.D.: A temática desta carta humorística, e so iso, humor. Pero a temática que aborda non é ningunha broma, senón unha cuestión moi seria.....E xa me entendedes. Logo cando morre algúen xa é tarde....

** A Frase Máxica.... Sobre a vida mesma


"Hai persoas que nos falan e nin as escoitamos... Hai persoas que nos feren e non deixan nin cicatriz... Pero hai persoas que simpremente aparecen na nosa vida e nos marcan para sempre"



Cecília Meireles