xoves, 5 de abril de 2007

** Unha canción cun trasfondo especial

Dentro duns segundiños poderás escoitar unha canción moi coñecida dentro da selección musical de A Lareira Máxica. É unha canción que pese a ser moi tradicional non deixe de ser bonita e entrañable para case tod@s. Unha vez ó ano pásanos pola cabeza. Ás veces máis. Pero todas elas nos transmite unha verdade como a vida mesma: que oa anos pasan.......Con alevosía e nocturnidade permítinme a licencida de poñer esta canción porque a ocasión ben o merece....Sssssssssssssssssss!!!!Atención que estás a punto de escoitar esta anterga composición musical neste o noso blog!!!!
...--->Ve-lo Artigo completo....


¿Por que a canción de cumpreanos feliz? Non, non. Non estou de cumpreanos. Eu estou no mes de setembro. Non, non. Tampouco a Lareira cumpre un ano de vida. Iso será o 1 de maio. Entón ¿quen está hoxe de cumpre? Pois, se ti eres MariaM xa o sabes.....¿Por que? Pois porque quen naceu nun día coma hoxe foi MariaM, a nosa gran colaboradora de A Lareira Máxica. Desde aquí quero desexarche un moi feliz día de cumpreanos. Que sexa un día moi especial. Xa sei que tés a túa nai hospitalizada. Aínda así, espero que o día do teu cumpreanos sexa un día moi bonito e entrañable no que o pases ben. Por suposto, agardo que túa nai axiña se recupere.

Un énchese de orgullo de ter tan excelentes amigas coma ti. Xa hai anos que nos coñecemos e, a nosa amizade, como o bo viño, gañan co tempo. E aproveito a ocasión para dicirche o mesmo que lle dixen a María (a outra gran colaboradora) un 19 de decembro: GRACIAS POR PARTICIPAR COS TEUS ARTIGOS E COMENTARIOS neste blog, que se é posible e sobre todo por colaboradores como ti, María, Alvariño ou Rosa García ou Sonia, Juanjo ou Frei, entre outros. A tod@s gracias. Non me cansarei de dárvolas.

Por suposto, non te olvides de soprar as velas e pedir o teu desexo!!!!! Iso si, ten coidado coa tarta, non vaia ser que che pase como o boneco desta postal....(click sobre a imaxe para saber que sucede).

Remato: esta canción que agora escoitas é un regalo simbólico que che fago en nome de tódolos lareireiros. Confío en que che guste. Xa sei que iso de cumprir anos fainos lembrar que somos máis vellos, pero os anos suman para tod@s nós. Sempre digo o mesmo: gúsntame cumprir anos -do contrario estariamos mortos-, pero non estaría mal que o tempo pasara máis despacio porque a idade non corre, senón voa, parafrasenado aquela famosa frase do veleiro bergantín de Espronceda....




Artigo de: Julio Torres
A Lareira Máxica

** A Frase Máxica......Sobre o día mesmo

"Os cumpreanos d@s amig@s é un espléndido momento no ano para transmitirlles canto aprecias a súa amizade: ¿por que felicitalos so no Nadal?"



Julio Torres

mércores, 4 de abril de 2007

** O libro de tódolos libros

Fai uns días lía no meu xornal habitual unha recesión literaria sobre un libro que podería ser calificado como “o libro dos libros”. Trátase de “1001 libros que hai que ler. Relatos e historias de tódolos tempos”.

O certo é que o artigo atraíame porque unha das miñas maiores pasións é a lectura. Así que prestei atención e logo informeime máis sobre o libro en cuestión. Sentía unha curiosidade raiando no morboso por ver que libros nos recomendaba aquel señor.

Era de esperar unha lista moi subxectiva. Evidentemente o que para uns pode ser de imprescindible lectura, para outros pode ser unha auténtica basura e ó fin e ó cabo, do que se trata cando un lee un libro é de pasalo ben mentras o les, de entreterte, por encima de que poidas aprender moito, pouco ou nada coa súa lectura. Pero aínda así, varias cousas me chamaron a atención.

...--->Ve-lo Artigo completo....


A primeira de todas, o feito de que entre os máis de 1000 libros recomendados, non apareza ningún de poesía, teatro etc, só narrativa.

Para continuar coa lista de incoherencias, outro aspecto sobresae por encima de tódolos demáis. Os responsables da selección son anglosaxóns, por tanto, como comprenderedes, había que barrer para a casa, e como non, a gran maioría dos autores recomendados son ingleses ou americanos. Co cal, unha servidora podería decír que, ademáis de ser unha gran lectora, é unha boísima seleccionadora de títulos segundo o parecer destes señores, porque lín moitos dos libros que eles recomendan. Claro que o conto ten truco. Moitos de vós non o saberedes, pero outros sí e cando unha é filóloga ten a obriga de coñecer moitas desas obras, se para máis inri a túa especialidade é a inglesa ................ que vos vou contar.

Queredes máis “anécdotas” divertidas? Pois veredes, sorprendeume ver que entre tan distinguidos señores/as estaba o noso Javier Marías co seu “Corazón tan blanco” ou unha obra que no seu momento me encantou: “Como Agua para Chocolate” de Laura Esquivel.

Decía tamén o meu xornal que na lista aparecían 14 obras galegas, algunhas delas “A Colmena” de Cela, varias de Alvaro Cunqueiro e Valle-Inclán (que vale que o autor sexa galego pero tanto como consideralas obras galegas .......... non sei eu, habería moito que dicir), “Un millón de Vacas” de Manolo Rivas, otra de Suso de Toro etc.. Curiosamente non aparecía nin Rosalía de Castro nin, por exemplo, Pondal. En calquera caso, na lista orixinal eu non atopei nin ós últimos nen sequera ós primeiros.

Outra das grandes críticas á lista é o feito de que non aparecen nin “A Íliada” nin “A Odisea”.

E para rematar, gustaríame, xa que a cousa vai de literatura, compartir con vós algunhas das obras que, de elaborar algún día a miña listaxe persoal de libros de lectura imprescindible antes de deixar este mundo, formarían parte dela. A ver que opinades vós. Preguntaríavos polo voso libro preferido pero se vos acontece como a min seguro que decantarvos só por un sería difícil , por tanto tamén podedes compartir con nós o voso listado. Este é o meu:

- “El Ruido y la Furia” de William Faulkner.
- “Drácula” de B. Stoker.
- “El Nombre de la Rosa” de U. Eco.
- “Cien Años de Soledad” ou “El Amor en los Tiempos del Cólera” de García Márquez.
- “La Casa de los Espíritus” de I. Allende.
- “Alicia en el País de las Maravillas” de Lewis Carroll.
- “Rojo y Negro” de Stendhal.
- “Crimen y Castigo” de Dowstoyewski.
- “Las Uvas de la Ira” de Steinbeck.
- “El Viejo y el Mar” de Hemingway.
- “Veinte Poemas de Amor y 1 Canción Desesperada” de Neruda.
- “El Perfume” de P Suskind.

E moitísimos máis sobre todo tamén americanos e ingleses, pero tampouco é cuestión de aburrirvos. Espero as vosas recomendacións!!!



ARTIGO ELABORADO POR: María
Gran colaboradora de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica......A vida vista por Shakespeare

"A vida non é máis que unha sombra... Unha historia narrada por un necio, chea de ruido e furia, que nada significa"

William Shakespeare na súa obra Macbeth (frase a partir da cal William Faulkner escribiu El ruido y la furia)